Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perder o piso

viernes, 04 de marzo de 2011
Difícil tempo este no que fixo crise a economía da nosa sociedade polos excesos de determinados sectores encabezados pola construcción, na que a avaricia duns, a imprevisión de outros, e a inoperancia dunha administración que deixou facer ata o infinito, nos abocaron a unha situación que para moitos é insostible.

Insostible é para moitos constructores e promotores a situación de
edificios en construción que non conseguiron cristalizar ou chegar a venderse ó público. Pero máis insostible é a dos compradores de pisos que, polas dificultades añadidas, non poden soster unha situación de amortización de hipotecas, e perden as súas vivendas máis o que teñan pagado ata o momento.

Non porque as hipotecas se encareceran desmesuradamente senón porque os postos de traballo fallaron, diminuiron os ingresos familiares ou se precarizou a situación económica, son lexión os que non poden seguir co proceso de amortización de vivendas e teñen que renunciar a elas da peor maneira posible.

As entidades bancarias atópanse con numerosos inmobles que pretenden vender coas menores perdas posibles, chegando a ofrecelas ó comprador ata cun cincuenta por cento de desconto. E nin así se dá animado o mercado.

Pero o drama está no comprador particular que non pode pagar o creto hipotecario, perde a súa vivenda, e nin así queda liberado das súas responsabilidades xa que a entidade crediticia quere resarcirse da cantidade total prestada aínda que a vivenda fose subastada e non se obtivese por ela importe abondo para igualar o débito.

Aí entra a Xustiza a opinar, e unha sentenza da Audiencia de Navarra estableceu que coa devolución dun piso hipotecado hai que dar por saldada a débeda, aínda que o importe obtido fose inferior ó adebedado.

Moito camiño queda por recorrer para a clarificación de situacións problemáticas como estas nas que un debedor responde diante da entidade crediticia co ben comprado, e non parece lóxico que unha vez perdido ese ben -precisamente pola acción emprendida por esa entidade- teña que seguir sufrindo embargos nos seus restantes bens porque a operación non saíse como a entidade de crédito pretendeu.

Bastante drama é para unha familia, calquera particular, perder unha vivenda mercada coa maior das ilusións, coas cantidades aportadas en tanto foi posible, para por riba sufrir outros danos colaterais nos que os procesos emprendidos polas entidades de creto teñen moito que ver.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES