Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volver ós 17

jueves, 03 de marzo de 2011
A gran Mercedes Sosa cantaba hai ben anos “Volver a los 17”, referíndose ó tempo da mocidade, sempre en contraste coas realidades da madurez.

Neste caso, 17 foron as grandes empresas que recentemente se constituíron en contrapoder, aínda que manifestaron non ter intención de “tirar das orellas ó goberno”, pero a mesma xuntanza é un aviso claro a navegantes nas alturas, sexan gobernantes ou directivos das asociacións de empresarios que
protagonizan moitas veces a actividade económica.

É toda unha declaración de principios o mesmo feito de xuntarse as empresas españolas que veñen representar un tercio do produto interior bruto do país, con actividades en comunicación, comercio, turismo, construcción, combustibles, bancos, vestido, alimentación, edición ou seguros.

A xuntanza pretende alentar cambios económicos nun contorno en continuo cambio, o que quere significar que os cambios económicos se produzan no favor das súas empresas e das actividades que desenvolven. Polo de pronto, vanse constituir en “lobby”, unha figura plenamente de actualidade noutros países aínda que aquí resulten descoñecidos e enigmáticos, para aproveitar o potencial económico e mellorar a imaxe exterior da empresa española.

Polo de protno, veñen de formar o Consejo Empresarial para la Competitividad, que respaldan todas as empresas que engloban un total de 1.700.000 traballadores.

Empezan a funcionar. Haberá que estar atentos á súa actividade, porque dado o potencial económico das empresas, a súa actividade previsible, e a repercusión da súa existencia na marcha económica do país, imos ter todos que, alomenos informativamente, de cando en cando “Volver ós 17”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES