Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non vale todo na TV

miércoles, 02 de marzo de 2011
Ata non hai moito tempo, todos os medios informativos rexíanse por unha regla non escrita que establecía os límites da información, a barreira que non debía franquearse, independentemente da lexislación vixente en cada momento.

A liberdade que actualmente disfrutamos permite que os medios
informativos exerzamos o noso papel sen controles previos, suxeitos ós dictames da Lei que actuará a posteriori no caso en que sexa preciso ou a petición de parte, acudindo sempre de xeito sensato ó principio inmutable de non entrar nos ámbitos da privacidade, respectando a persoa por encima de todas as cousas.

Esto non parece rexer para determinadas estacións de televisión que pretendendo ser populares son populacheiras, pretendendo ofrecer esceas da vida real resultan presentar temas e escenarios que resultan estar fóra do mundo real, ou alomenos do mundo que debemos facer entre todos.

Contar diante das cámaras as miserias de seres infradotados, afectados por carencias evidentes, é reducir o papel da televisión a desagüe de inmundicias que a cotío estouran a través das pantallas dos non avisados televidentes que coidan recibir imaxes do mundo que os rodea, que marquen pautas de vida, aleccionadoras nun momento no que os nortes parecen desdibuxarse.

Que nun programa de televisión se entreviste a quen está sendo xulgada por tribunal competente, e se obteña diante das cámaras confesión sobre un asunto suxeito a proceso, pode ser legal pero non é decente.

Non vale todo nos medios informativos para conseguir informar, para conseguir contactar cos nosos seguidores. Non vale todo en televisión para conseguir as difíciles audiencias. E cando se considera que todo vale, estase pervertindo o papel do medio informativo de tal maneira que non é recoñecible para os que busquen información imparcial e libre.

As Leis poden establecer as liberdades que queiran. Os medios debemos ser conscientes de que a persoa está por riba do colectivo, a intimidade persoal é maís importante que o carácter público dunha persoa, que non se pode prescindir da seriedade informativa en aras de calquera beneficio ou do favor popular. Non vale todo na Televisión, nin en calquera outro medio informativo. Teñámolo sempre en conta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES