O Gran Camiño
X.X. - jueves, 17 de junio de 2004
O Camiño de Santiago ven de ser nomeado "Gran itinerario cultural europeo".
Dito así, parece unha gran cousa. Pero cando aparecen moitos grandes itinerarios, o tema devalúase xa que foron calificados como tales a Ruta Mozart, a ruta de arquitectura sen fronteiras, os camiños de Al-Andalus, a ruta da "lengua castellana", e algunha outra.
¡O que é non saber facer as cousas!. Se a Unesco quere que nos tomemos en serio as súas distincións debe dosificalas e asignarlle a distinción a cada unha cando corresponda.
Con tódolos respectos do mundo á ruta da "lengua castellana" e á "Ruta Mozart", para nós é tan importante a "Ruta Pardo de Cela". Pero o Camiño de Santiago é outra cousa, por antigüidade, por sona, polos millóns de persoas que o recorren con fe, ata porque segue pola terra o camiño que nos ceos marca a Vía Láctea.
Para min que esa calificación de "Gran itinerario cultural europeo", asignado ó Camiño de Santiago -Camiño Francés- quédase curta. É moito máis ca un itinerario cultural. É un Camiño, o noso gran Camiño. O que ocorre é que para os europeos - nós, a esos efectos, tamén somos outra cousa- un Camiño non é o mesmo que para os galegos. Sobre todo cando ese Camiño comezou a andarse máis de mil anos antes de que xurdise a idea da Europa de occidente. Cando "O da Barba florida" andaba a soñar cun fermoso e grande imperio.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora