Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facendo historia

lunes, 28 de febrero de 2011
Todo sucede agora moito máis rápido, como se a historia se acelerase, e nos convertise en testemuñas de acontecementos cada vez máis importantes, decisivos para a nosa historia e para Occidente.
Veñen de celebrarse os trinta anos daquela Noite Triste do 23 de febreiro de 1981, e todos contentos a estas alturas, ainda que queden misterios sen resolver e todos os que teñan idade abonda miren cara atrás sen ira nin nostalxia pensando que posiblemente aquela inesquecible xornada nos deparou os relativamente pacíficos trinta anos que vimos de percorrer.
As celebracións do aniversario do 23 F propiciaron reencontros de vellos compañeiros de viaxe, a aparición de caras medio esquecidas, a ocupación dos sillóns do goberno no Congreso por parte de aspirantes ou “ex”, e a imaxe de todo un Rei inclinado case como unha reverencia hacia un Manuel Fraga en silla de rodas
Sexa o 23 F unha lección de historia, un revulsivo ou un mal recordo, ou as tres cousas xuntas, o que para algúns significaba unha pretendida volta atrás, foi o impulso definitivo hacia unha convivencia pacífica. Con todo tipo de atrancos, pero pacífica.
Contrasta este camiño pacífico co que tamén neste febreiro está a acontecer no norte de África, onde país tras país, tenta sacudirse o xugo das tiranías, pagando durísimos tributos de sangue.
A preocupación da Europa democrática baséase de xeito especial na invasión que os paises do extremo septentrional resulten invadidos por milleiros de inmigrantes que fuxen do horror e da miseria. Porque parece como se a democracia imperante na Europa rica fose incompatible coa miseria que a rodea. A historia faise así, con loitas e revolucións, con miseria e horror. As épocas de paz ata agora só eran pausas entre guerras. Quizais agora sexa diferente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania