Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ricos en residuos

miércoles, 16 de junio de 2004
Os analistas económicos cualifican o nivel de vida e económico dunha sociedade pola capacidade adquisitiva da media dos seus compoñentes, en relación cos servicios mínimos que se estima que unha sociedade avanzada pode prestar.

Eu coido que mesmo poderían obter os datos dese nivel se estudian os resíduos que esa mesma sociedade produce: o lixo.

Velaquí que non hai moitos anos o lixo estaba reducido a unha mínima parte do que hoxe se estila. Porque determinados elementos nunca chegaban ó lixo senón que eran aproveitados ó máximo ou reconvertidos. Por exemplo, os cemiterios de automóbiles, que só apreciabamos nas películas, hoxe son imaxe habitual e penosa en moitas das nosas estradas.

E agora, de repente, aparece o concepto de "Grandes resíduos", destinados a ser eliminados na planta de Cerceda. Entreles, mobles, colchóns, electrodomésticos... que agora chegan tamén ó lixo.

Complícase o tema: As latas, á planta das Pontes; o corcho blanco, á Coruña; o vidro, a Verín; os plásticos a Touro... E os grandes resíduos a Cerceda.

Seguro que daría para un bo analise o estudio dos elementos que hoxe tiramos, que antes reconvertiamos, ou que simplemente tiñan unha vida tan longa como mínimo coma a nosa.

Somos ricos en resíduos, sinal de que o noso nivel de vida mellorou.

Seremos máis ricos aínda se sabemos eliminalos axeitadamente, reconvertilos ou -alomenos- evitar que emporquen a paisaxe en verquedoiros incontrolados.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES