Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A democracia e a mocidade

miércoles, 23 de febrero de 2011
Cando menos coloquialmente, os rapaces non adoitan, en xeral, por en dúbida que a democracia é a forma política menos mala de goberno; pero, como xa levan algúns anos non esperándoa, senón inmersos nela, non recean en manter actitudes menos entusiastas respecto á mesma. A maioría deles pasa do político, porque ten moi claro que os políticos coidan máis os intereses partidistas e os desexos de poder que ós dos cidadáns, e este degoxo de ocupar cargos, cada vez máis elevados, arrastraos a adoptar posturas verdadeiramente tan ridículas que non lles pasan desapercibidas á mocidade. E nesas conversas con eles queda evidente que non fan noxos diferenciais: meten nas descualificacións a todos os partidos con representación parlamentaria, se ben poden apreciarse algunhas matizacións favorables ós nacionalistas, máis aceptables para algúns novos, aínda recoñecendo o seu escaso soporte democrático.
A unha parte destes rapaces non parece tampouco facerlles moita graza a afección lexisladora dos gobernos de turno, e algún deles ata dí con certo gracexo que os ministros, cando non teñen que facer, saen a rúa a ver se encontran algo sobre que lexislar. A mocidade profesa máis respecto os compromisos e palabras dadas que ás leis: por estas non se moven e por aqueles están sempre dispostos a manifestar o seu apoio aínda que sexa grupalmente, porque o seu rexeitamento das que eles consideran inxustizas é sincero e de entrega total. Rexeitan as ritualizacións legais, só lles estimula a transgresión das súas normas éticas e das costumes validadas por eles mesmos.
Isto fai que sexan moi respetuosos cos plantexamentos morais de cadaquén, e só poñen faciana noxenta cando os maiores queren imporlles unha moral para eles xa superada. As mesmas decepcionantes prácticas políticas pseudodemocráticas xeran neles actitudes pasotistas, estendendoas, a veces, a mesma moral universalmente establecida dos dereitos humanos, porque ven o pouco que se respecta polos mesmos que din mantela. Os máis observadores saben que a democracia en moitos paises, o mesmo que no noso, está sostida máis por unha certa inercia do sistematismo institucional, que eles se senten incapaces de neutralizar, que por sinceras conviccións ideolóxicas. Aquí está unha das concausas do desapego político da mocidade, que nos debera preocupar a todos, pero especialmente, ós políticos exercentes, por razóns de mera responsabilidade social e pedagóxica, porque pode ter abondo de perxudicial para a estabilidade futura das sociedades. E, ademáis, porque a función do político é realizar valores (Max Weber) - non buscar só intereses particulares, incrementar o seu poder e acrecentar o propio patrimonio -, vivindo PARA a política, non DA política.
Noutra orde de cousas, tamén de todo isto teríamos que aprender que ningunha disciplina académica para a educación na convivencia serve de moito para romper con este relativismo político dos rapaces, se as institucións e organismos dos estados seguen funcionando mal e os cargos políticos que levan aparellados modelos pedagóxicos non se corrixen e depuran, porque os sectores demográficos de onde salen están desacreditados, e os rapaces xa esperan pouco deles, dificultando desta maneira a adquisición dos necesarios hábitos de comportamento. Esta actitude distante e escéptica non pode levar a outro estado de ánimo que non sexa o abatimento, ata o extremo de confiar máis nas ONGs que nos propios organismos estatais.
Houbo un tempo no que os rapaces, atendendo as recomendacións de Marcuse, na súa obra EL HOMBRE UNIDIMENSIONAL, estaban moi convencidos de que dende dentro do sistema nada podían facer (e aínda hoxe se fala dos antisistema) e poñían a vista nas agrupacións ecoloxistas e nos movementos feministas e de liberación do Terceiro Mundo, ao marxen dos sistemas democráticos.
Insisto. Fomos nosoutros, os mayores e os anciáns, cadaquén coa súa responsabilidade, os que situamos á xuventude no desencanto, cunha preocupación polo futuro, moi pouco prometedor e aínda menos claro. Sen embargo, na miña modestísima opinión, tamén neste estado de incertidume puxeron o seu grao de area os rapaces, rompendo cun pasado, donde arraigan a súas raíces, dunha maneira pouco intelixente e menos proveitosa.. En fin…, cadaquén terá que asumir a súas respectivas responsabilidades. Pois cando a mocidade, fai algunhas décadas, tuvo que librar constantes batallas para sacudirse as vellas costumes, caendo nas mans das máis aberrantes modas, non dubidaron en facerse escravos daquelo mesmo que eles rexeitaban: dunha mercantilización desbocada e dunha “maniquización” manipulante.
Máis aínda, a xuventude é moi sensible ás medias verdades e rexeita a dobre moral, por iso a súa loita é sincera para que a razón teña un espazo axeitado, onde sexa escoitada e valorada; loita para que se encaren os problemas con perspectivas globales, onde a polifonía de rostros, lenguas, etnias e culturas, por diversas que sexan, encontren acougo, e loita para que as utopías enraizadas na natureza humana volvan a ocupar un lugar no interés do home, que ten sempre no seu pensamento e nas súas accións un horizonte utópico indiscutíbel, e con isto non estou a referirme ó utopismo cego e voluntarista, salvando sempre a necesaria inmersión nas experiencias reais de cada día, para, desta maneira, desfacer o mero verbalismo repetitivo e altamente esterilizante, no que adoitamos caer en demasía. Porque…a mocidade ten que incorporarse ó sistema democrático, co entusiasmo propio da súa idade, fecundandoo coas súas ideas!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES