Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cortes de cintas

jueves, 24 de febrero de 2011
O momento máis glorioso de calquera goberno é aquel no que se produce a entrada en funcionamento dun servizo ou dunha obra largamente agardada. E normalmente o corte dunha cinta era o momento de maior gloria para un político en exercizo, antes coas cores da bandeira nacional e agora –na nosa autonomía- coas cores azul e branca que nos identifican.

Non houbo para esto limitación legal, e as obras non tiñan porque ser inauguradas no momento en que remataban senón que se procuraba facer coincidir este acto con ocasións propicias que podían ser as festas patronais do pobo ou a chegada da ocasión periódica dalgún tipo de confrontación electoral.

Por parte dos galegos tratábase dun valor entendido que en nada afectaba á convivencia nin á vontade de formular o voto, que cada quen ten in mente unha determinada orientación e moito ten que animarse unha campaña electoral para que os actos ou os que nela interveñan modifiquen a postura inicial dos votantes.

Por se acaso fose importante o impacto das inauguracións, a nova Lei electoral remata con esta práctica, e desde o momento de convocatoria dun período electoral ata que as eleccións se celebren non poderán facerse inauguracións de ningún tipo nin campañas oficiais nas que directa ou indirectamente se fale de realizacións dun goberno local, provincial ou autonómico, e se algunha obra entra en servizo nese periódico a súa inauguración debe ser adiada a despois das eleccións.

Non haberá, pois, corte de cintas durante o próximo período electoral, e está moi ben que – diante da experiencia destas tres décadas de democracia- se vaian depurando vicios que o seu funcionamento foi creando. Que aínda que saibamos perfectamente que restregar diante dos ollos dos electores os froitos dunha etapa de goberno non producen demasiados froitos ostensibles, tamén sabemos que é difícil que os electores por principio voten maioritariamente contra un equipo gobernante, a menos que a experiencia fose ostensiblemente catastrófica.

Que os políticos poden influir en nós, está moi claro. Pero que non sexa tan ostensible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES