Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As tixeiras de Feijoo

martes, 22 de febrero de 2011
Se atendemos ó anunciado na recente convención do Partido Popular en Compostela, o presidente galego do Partido que ven ser o Presidente do goberno galego, vai utilizar as tixeiras ou tesouras para facer un traxe á medida do país nas promesas e nos feitos dos candidatos do seu grupo político.

Anunciou Feijoo un recorte do trinta por cento nos gastos máis sensibles para os galegos de a pé, que non rematamos de comprender os excesos cometidos ata agora en gastos superfluos, que van desde as numerosas dedicacións exclusivas de concelleiros, remuneracións de alcaldes, contratación de asesorías e outros gastos similares que especialmente en tempo de crise deben ser necesariamente prescindibles.

Por aí ataca o Presidente, e recomenda –respectando a autonomía municipal- ós concellais que logo poden gobernar que recorten drásticamente os gastos en coches oficiais, en persoal eventual e de confianza, e que sexan moderados nos planteamentos de obxectivos electorais debendo ter como primeiro punto de referencia o saneamento das economías municipais, mantemento de servizos básicos e que xestionen sendo conscientes da realidade e consecuentes co espírito que debe animar ós que van gobernar o pais en momentos difíciles.

Temos detrás de nós, todas as institucións, unha traxectoria de triunfalismo, de vacas ben nutridas, de constante progresión en alza. Chegou o momento de tomar medidas, e recortar. O funcionamento das tixeiras ou tesouras, como anunciou Feijoo, é imprescindible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania