Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Descubrindo o Mediterráneo

martes, 22 de febrero de 2011
A escola da vida: Descubrindo o Mediterráneo

Cando dicimos de alguén que descubriu o Mediterráneo, estamos a falar dun que se deu de bruzos co que xa había e pensou que se era novo para el tamén o sería para os demais. Así actúan moitos dos políticos que acaban de chegar a algún cargo da área de protección de menores e teñen a ocurrrencia de dicir que van privilexiar o acollemento e a pechar os centros de menores.

A fórmula do acollemento familiar pérdese na noite dos tempos, pero cada novo xerifalte pensa que el soíto descubriu o Mediterráneo, e que este será o inico doutros grandes mediterráneos que exporá como panaceas da súa xestión para vergoña de decatados e aplauso de ignorantes.

Entrando xa en materia, hai que dicir que parece contraditorio, por exemplo, que sexamos o segundo país do mundo en adopcións internacionais pero non esteamos entre os primeiros respecto dos acollementos familiares. A razón principal é que, para os españois, os vínculos afectivos familiares son moi importantes, levando a moitos a que non desexen ter un neno só temporalmente, pero se o queiran adoptar para que pase a ser o seu fillo para toda a vida.

Esta primeira variable fai que en España non se ofrezan tantas familias para o acollemento como noutros países, á que hai que engadirlle outras circunstancias concomitantes ao propio tema do acollemento, como poden ser as de que os pais biolóxicos que manteñen a tutela non desexen que a Administración lles busque unha familia acolledora aos seus fillos coa que poidan crear uns vínculos que lles subtraían o seu afecto, ou que moitas familias acolledoras se ofrezan para unhas determinadas tipoloxías de nenos, excluíndo, polo xeral, a outras formadas polos grupos de irmáns, os que están na etapa de adolescencia ou manteñan algún tipo de necesidade especial.

Todas as Administracións españolas veñen potenciando desde hai décadas o acollemento, pero a cultura familiar española neste tema dá o que dá de si, polo que querer ofrecer como novidade algo que xa vén facendo non é máis que expor unha vez máis a falacia rancia da ignorancia. Os políticos téñense que ater aos feitos, e non provocar derivas cara ao maniqueísmo sobre que os centros son malos para os menores e as familias acogedoras boísimas, pois tanto uns como outras teñen as súas deficiencias e as súas virtudes e os dous funcionan no sistema de protección como complementarios e necesarios.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania