Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contratar como sexa

lunes, 21 de febrero de 2011
O paro é neste momento o primeiro problema global, de todos. Porque podemos ter achaques sociais, problemas de todo tipo, pero que o paro supere o vinte por cento da poboación activa destrúe calquera previsión de cohesión social, e xenera un caos en todos os estamentos.
É, polo tanto, primeiro obxectivo non declarado de toda a sociedade conseguir reducir o paro, que non eliminalo por imposible, de xeito que deixen de existir esas cifras obscenas de familias con todos os seus membros en paro, de persoas que non teñen a posibilidade de traballar para sosterse e zoster ós que deles dependen.
Sorprendeu a norma que o Consello de Ministros aproba para fomentar o emprego xuvenil especialmente en relación coa contratación a tempo parcial para conseguir que as empresas contraten rapaces – vai dirixida a menores de trinta anos- para adentralos no mundo do traballo aínda que sexa cun contrato parcial e en precario.
As condic ións para as empresas non poden ser mellores, xa que o custo da seguridade social será a cargo da mesma institución, co que os empresarios aforran cantidades importantes participando nesta campaña de emprego.
En Galicia o emprego a tempo parcial afecta na actualidade escasamente a un doce por cento dos traballadores, mentras que noutras autonomías chegan ata o dezasete por cento. Poden, con esta campaña, variar as porcentaxes, e pode crearse emprego temporal e caduco, pero realmente o que importa é que neste tempo de inseguridades se proporcionen postos de traballo que palíen as dificultades dos que non posúen ningunha ocupación.
Tempo haberá de consolidar empregos, de afianzar situacións, de asegurar niveis de beneficios. Pero neste momento trátase de conseguir empregos, da calidade que sexa, xa. Neso estamos, en que se consiga contratar como sexa. Como primeira medida, a falta de calquera outra que poida plantearse, ben está.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania