O sentidiño de Fraga
X.X. - martes, 15 de junio de 2004
Nun mitin celebrado en Ourense, na pasada campaña electoral, Fraga seique prometeu Cantarlles as 40 a Zapatero na programada visita á Moncloa.
Pero ó Presidente galego non lle fixo falla ese canto máximo do xogo do Tute, porque con só arrastrar xa o Presidente Zapatero entrou ó trapo.
Fraga ía ó que ía: conseguir para Galicia o trato que a xuicio dos galegos- se merece. Polo de pronto, amarrar o Plan Galicia, pactar ese posible desenvolvemento do Estatuto, e en fin- tranquilidade política e o que é o mesmo- económica e social para este noso País que tanto precisa para seguir camiñando firme.
Creo que a inmensa maioría dos galegos estará de acordo que o sentidiño de Fraga en levar pacificamente esta entrevista ten moito que ver co resultado.
Esta é unha terra vella; tranquila. E os anos ós viños, á terra e ás xentes- séntannos ben. A uns, para darlles forza; á outra, para darlle pouso; e a nós, para saber o que queremos é dialogar tranquilamente, con sentidiño.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora