Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Son de Pacios

viernes, 18 de febrero de 2011
Un xornal quixo aturdirnos con esta fantasmada: nun recanto de Ourense non hai entroido pola crise. Pero as persoas e comunidades que saben harmonizar a súa vida ás estacións non deron creto. É algo contra natura, porque o Entroido é imparable. Necesitamos da primavera, despois de queimar o moneco do inverno. Que llo digan a Sons de Pacios, que naceu coma comparsa, nunha contorna onde esta festa ten moita tradición. Teñen participado en festivais en playback, transmitindo a música destes eidos. O reloxo de San Martiño de Pacios repica horas de plenitude. No seu futuro debúxanse ronseis de progreso: o proxecto dun polígono industrial compartido con Baamonde, coma eixe estratéxico para o transporte e a produción, ou o Campo da Feira, que volve a ser espazo de encontro e festa coma antano, cando o era todo: intercambio comercial, paseo, gastronomía. Unha comunidade tan dinámica non se improvisa, medra grazas a unhas raíces tan rexas coma as dos carballos que visten ese recinto. Adrian Vigo, un dos compoñentes desta orquestra, formada por parentes e veciños, xa leva anos enfeitizando coa súa arte, na Coral de Xermolos e en acontecementos familiares e de colectivos sociais. Coma din por estes lares, “de caste lle ven ó galgo”. O seu avó materno xa formara nunha orquestra, coma esta, integrada por veciños de Baamonde e Pacios. Neste pianista consumado integranse creación e coraxe existencial para ir superando atrancos, e interpretar ó seu ritmo particular. Este grupo é unha regalía para a Chaira, porque teñen claro que a arte é para comunicala e contaxiala á sociedade para o seu lecer, sendo un exemplo de saber integrar vontades e voces ata acadar esa harmonía que acredita que a música é a linguaxe do espírito: Este xeito de coordinarse para acadar o seu espectáculo, é desexable en todo os sectores das nosas comunidades, para mellorar a saúde das e dos veciños e tamén do colectivo. É verdade co melro xa non se escoita tanto na primavera, pero volveremos a sentilo, coma anticipan os versos de Manuel María: “No tempo de botar o liño/agachado na silveira,/ canta o melro melriño/ a vida da Primaveira. Se chove amodiño/ sobor da frol das cerdeiras. / E o melro, melro, melriño/ canta de moitas maneiras”.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES