As ondas do mar maior
Editorial - viernes, 18 de febrero de 2011
As ondas do mar de Vigo pasaron á historia da literatura mundial polas cántigas dun descoñecido trobador medieval, e desde Martín Codax somos posuidores conscientes dunha referencia de séculos de grandes ondas que nos cercan e nos levan, nun país no que o mar é moito máis ca un referente ou un medio físico.
En Galicia hai unha Consellería do Mar, e a través dela enterámonos de que o mar moi axiña pode ser -ademáis de fonte infinita de riqueza polos peixes e os mariscos- un mundo xenerador de enerxía limpa, chamada enerxía verde, xerada polas ondas do mar.
O primeiro proxecto do que se ten noticia vai nacer no coruñés porto de Cariño onde se vai poñer en marcha a contrucción e distribución de boias xeneradoras de enerxía a partir das ondas mariñas, que en Galicia pode chegar ós 2.000 xigawatios.
O noso país é a mellor zona de España para a explotación de enerxía procedente das ondas do mar, xa que por cada metro de instalación no Mediterráneo poden conseguirse 10kw, nas Canarias 20, 30 en Cantabria, e entre 40 e 45 kilowatios en Galicia, que poden chegar ós 75kw no inverno.
Este é o primeiro paso en Galicia para entrar na dinámica deste tipo de enerxía, auténticamente revolucionario, para o que estamos especialmente dotados, e que vai resultar vital nun tempo no que é esencial contar con enerxías limpas, propias, para que poida funcionar un entramado social cada vez máis necesitado de enerxía a precios razoables.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora