Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Signos externos

jueves, 17 de febrero de 2011
Diante de tempos difíciles, particulares e administracións teñen que aplicar fórmulas imaxinativas para poder seguir unha traxectoria coherente, de xeito que a organización doméstica e o funcionamento das institucións siga adiante sen altibaixos demasiado pronunciados.

Imponse acomodarse á realidade, e axustar os orzamentos de gastos á realidade dos ingresos, e simultáneamente procurar aumentar estes do xeito que sexa posible.

A administración xeral ten ó seu dispor innumerables mecanismos para conseguir aumentar a recaudación polos diversos capítulos, xa sexa aumentando impostos polos conceptos máis varios, xa facendo que os mecanismos de control funcionen máis axeitadamente e cada administrado cumpra escrupulosamente cos deberes coa administración.

Hacienda vai controlar os signos externos dos que máis teñen e gastan para que sexan tamén os que máis contribúan. Coidabamos que esto xa estaba suficientemente controlado, e as inspeccións do correspondente Ministerio non só revisaban as declaracións presentadas, que estas acabarán sendo revisadas exclusivamente polos ordenadores, senón tamén aquelas non presentadas por persoas que manifestamente deben facelo.

A economía sumerxida, a chamada “enxeñería” fiscal, e o desfase entre o nivel de vida e o declarado a Hacienda serán puntos de mira inmediatos do Ministerio de Hacienda, segundo o Plan General de Control Tributario y Lucha contra el Fraude, que este ano se pon en marcha para conseguir un maior fluxo de contribución de determinados particulares, ostensiblemente potentes, coa facenda pública.

De sempre os chamados “signos externos” foron considerados elementos de interese para determinar a capacidade económica dunha persoa, familia ou empresa. pero parece que a efectos administrativos polo de agora non pasaban de ser un elemento teórico que agora, de conseguirse o que se pretende, pasa ó terreo práctico coa conseguinte mellora nas depauperadas finanzas públicas.

Era hora que así fose. Bo momento sempre, pero máis agora que -colectivamente- imos necesitar de todos os recursos posibles para superar as infinitas e paulatinas barreiras que a crise nos vai poñendo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES