Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os menores e o alcohol

miércoles, 16 de febrero de 2011
Fíxese na cifra que se fixe, a maioría de idade seguirá a marcar o punto en que a persoa alcanza un recoñecemento legal de autonomía para gobernar o seu futuro. E ata ese nivel, a sociedade ten que protexer á persoa de sí mesma co fin de que cando chegue á maioría de idade poida decidir con total propiedade.

A prohibición de que os rapaces menores de dezaoito anos, polo de agora a idade de referencia, poidan mercar alcohol para o consumo está perfectamente establecida e o próximo un de marzo entrará en vigor a norma de prevención de consumo de alcohol que así o determina.

As estatísticas veñen demostrando que os mozos galegos acceden ó alcohol con menos de catorce anos, coas conseguintes eivas e danos para o futuro, orixinando todo tipo de problemas non sendo os menores os de orde pública, derivados do consumo nas fins de semana en botellóns ou actos similares que rematan de xeito imprevisible.

Se ata o de agora os maiores de dezaseis, menores de 18, podían consumir viño ou cervexa, reservándose as bebidas destiladas para os maiores de 18, esta prohibición amplíase de xeito que ningún menor da idade legal establecida pode consumir ningún tipo de alcohol. E as multas por venda de alcohol a menores nos establecementos públicos poden ir de 600 a 3.000€, podendo ser tamén multados con 600 euros os menores que sexan sorprendidos bebendo en público, podendo conmutar a multa por traballos comunitarios.

A Lei é drástica e o problema é grave. A partir dos dezaoito anos, os rapaces galegos poderán consumir alcohol. Mentras tanto, os poderes públicos, cumprindo coa súa función e o seu deber deberán ser ríxidamente escrupulosos no cumprimento das normas. En Galicia, desde o 1 de marzo, os menores non poderán consumir alcohol. Ogalla que se cumpra, e que se noten os froitos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES