Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adiando prazos

martes, 15 de febrero de 2011
ardamos en recoñecer oficialmente que estabamos en crise, e logo demos -tamén oficialmente- en ver brotes verdes onde posiblemente nin había nada sementado nin calquera semente tiña nada que facer.

A estas alturas da traxicomedia -tráxica para os que sofren os seus efectos, comedia para os que manexan os fíos- estamos nunha grave situación que se concreta nun paro do vinte por cento da poboación activa, estimándose por parte dos entendidos que esto é insoportable para calquera economía e para os afectados, e que a situación non pode facer outra cousa que mellorar, dando o goberno o dato do segundo semestre deste ano como o tempo no que empezará a notarse a creación de emprego.

Non todos están de acordo, xa que o servizo de estudos do BBVA estima que a situación non mellorará ata 2013, ano no que se poderá baixar dese fatídico 20%, que desde agora aínda ha medrar ata chega ó final deste ano ó 20,6%, situándose no 2012 no 20,1%.

A falla de mellores cifras, e coa desconfianza que sempre dan as elucubracións por moi científicas que resulten, seguimos aferrados ó pesimismo a falla de que alguén nos insufle un pouco de entusiasmo. E se os estudos dun gran banco afirman o que antecede, e ninguén os desminte desde o posto oficial correspondente, hai que dar por bo o resultado e considerar que a situación aínda pode empeorar algo para mellorar -tamén algo- a continuación.

Que largo o fían os que están chamados a ser faro e guía da opinión pública. Aínda que mellor é a realidade aínda que sexa tan cruda como se presenta que as elucubracións maís ou menos ben intencionadas, que doran píldoras imposibles de tragar, e pretenden facernos comulgar con rodas de muíño, o que -na nosa terra- sabemos que é imposible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania