Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Matrimonios adolescentes

martes, 15 de febrero de 2011
A escola da vida: Matrimonios adolescentes

A ministra de Igualdade, sra. Leire Pajín, saltou aos medios de comunicación esta semana por entrar no tema da elevación da idade á que as persoas poden contraer matrimonio. Unha subida que iría dos 14 actuais ata os 16 anos, e que suporía cumprir coa Convención dos dereitos da infancia, á vez que implicaría a modificación por lei orgánica do Código Civil, que xa fora retocado dalgún xeito neste aspecto pola Lei 1/1996 de protección xurídica do menor.

Esta decisión política abordaría, polo menos, en dous sentidos algo que se agacha tras destas idades mínimas. Por unha banda, adecuaríase a normativa española á dos países da nosa contorna e, por outro, impediríase que moitos pais decidisen que a tan temperá idade os seus fillos adolescentes contraesen unha decisión tan importante para as súas vidas: aínda se atopan no período de educación obrigatoria, no poden empezar a traballar para sustentarse e, o máis importante, ofréceselles unha condición vital para a que non están mentalmente preparados.

Xa falamos nesta sección noutras ocasións de que a vida dun adolescente é moi complexa mesmo para o seu propio goberno, isto complícase moito máis se nesta complexidade interferen os deberes do matrimonio. E se dous, como di o refrán, son maioría e tres multitude, un matrimonio adolescente con fillos é unha bomba de reloxaría moi difícil de controlar para eles mesmos e para os seus parentes.

Se queremos, esta situación pódemola dificultar aínda máis se a esas condicións desequilibrantes se lles engaden os elementos étnicos ou os das familias desestruturadas, ás que, en boa medida, pertencen un bo número destes mozos. O interese superior do neno, proposto pola Convención, debe ser aquí un elemento que leve a tomar a decisión de elevar a súa idade, establecendo ademais, o salvoconduto de que sexa un xuíz, en última instancia, o que decida despois desa elevación se na relación dos mozos deberá haber un contrato de por medio ou se, pola contra, son intereses espurios dos pais os que están detrás do proceso. A vida é un precioso don que debe ser aproveitado en cada momento co mellor sentido da realidade posible. Anticipar decisións difíciles é botarlle máis impedimentos a unha evolución de por si problemática.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania