Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Europa, ¿somos nós?

lunes, 14 de junio de 2004
Os que viven nun extrarradio cando acuden ó centro, falan de ir á cidade. Os galegos aínda pensamos que España é algo demasiado grande que, verdadeiramente, empeza en Pedrafita. E os hispanos pensamos que Europa empeza nos Pirineos.

A fin de contas, as axudas da Comunidade, para nós, veñen de Europa en lugar de proceder de Bruxelas. Europa aínda non somos nós.

Demostrouse o domingo, se é que facía falla demostración. Votamos os que parece que non tiñamos outra cousa que facer. Menos do cincuenta por cento.

E mentras tanto, en Europa é onde se cocen tódolos caldos nos que nós estamos involucrados. Os parlamentarios elixidos o día 13 son os que van decidir como ha ser a constitución europea que nos señoreará, e os que completarán o entramado político desta supranación que nos engloba.

Quizais sexa cousa de tempo. Hai un cuarto de século, cando empezaba a autonomía galega case ninguén tomaba en serio o Poder que xurdía, e a administración central seguía a primar sobre a autonómica. Tiveron que pasar 25 anos para comprobar o que a administración autonómica inflúe nas nosas vidas.

Terán que pasar anos, quizáis non vintecinco, para que todos nos sintamos europeos e exerzamos como cidadáns dun dos máis importantes países -ou conxunto de- do mundo.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES