Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tutela

lunes, 14 de febrero de 2011
A semana pasada foi noticia a escala nacional ou máis aló a morte dunha muller en Lugo, por inanición e desatención. A rúa onde vivía a familia encheuse de cámaras de televisión e as máis importantes cadeas fixaron os seus obxectivos no triste lugar onde unha persoa enferma languideceu nun silencio de miseria.
Trátase agora de desentrañar responsabilidades, analisar comportamentos, obter razóns xa inservibles para xustificar o inxustificable nun tempo e nunha sociedade que se esforza por atender, e por crer que se atende, a todo o que ten problemas graves.
A Xunta está tutelando a máis de mil seiscentas persoas maiores enfermas e sen protección familiar, téndose cuadruplicado o número nos últimos tempos porque apenas rebasaba as 412 persoas no ano 2.000.
O envellecemento da poboación e o resto das circunstancias sobrevidas orixinaron este aumento, e auguran que no futuro seguirá a aumentar o número dos maiores que precisa protección por riba de calquera outra consideración, especialmente as de tipo económico que veñen condicionando gravemente toda actividade pública.
Algo ten fallado no sistema en relación coa traxedia lucense, que evidencia a súa imperfección, á parte das naturais carencias. Algo grave se ten producido para que non se establecese unha cadea de conexión entre a enferma, a súa familia, e os servizos dependentes de todo tipo de institucións, públicas e privadas.
Porque poden ser escasos os medios e difícil a coordinación entre entidades, pode ser que os mecanismos de funcionamento sexan lentos, pero o que non pode fallar é a información nesta era na que sabemos que a comunicación é o primeiro, e todos estamos interconectados por numerosos vínculos, tanxibles ou intanxibles, que proporcionan información sobre os máis diversos aspectos da nosa existencia.
Aquí fallou, primeiro, a información. E despois, todo o demais. Analícese o sucedido, especialmente para que non poida volver repetirse con ninguén máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES