
Quedou escrito para o infindo do infindo eterno, ata que o perpetuo en finito remate.
O 6 de xaneiro pasado realizouse na parroquia de Lestedo (Santiago de Lestedo, en Palas de Rei, provincia de Lugo, para diferenciar e referenciar exacto) un acto singular da nenación da parroquia. Foi un día orixinal, que terá repetición en anos vindeiros.
Galiciadixital, na escrita, O Rito de Lestedo, salientou este acto emotivo no cal se describe de como a nenación de Lestedo cantou os reis polas casas parroquiais e honrou e agasallou á ancianidade das catorce aldeas.
Na escrita, O Rito de Lestedo, pódese ler de canto nos gustaría ter os nomes de todos os participantes para seren publicados.
Pois ben, a Asociación de Veciños da parroquia de Santiago de Lestedo remitiunos a lista completa e nós, con sumo pracer e alegría, facémonos eco e aquí quedan para a posterioridade.
Lestedo, de Palas de Rei, ou Lestedo (Santiago) por si mema, a súa nenación e a Asociación de Veciños, que organizou, están na nosa memoria.
Como na memoria dos camiñantes queda o paso por Lestedo, que é repouso, parada e lecer do Camiño a Compostela.
Como queda na miña a afectividade cordial, acolledora, xenerosa e familiar da Casa de Jabara, de Sucastro, na que pasei a tarde máis cumprida e bonita. Elena, a anfitriona, queda tamén no meu sentir.
Tal coma no meu sentir aniñou a nenación de Lestedo, toda a ancianidade e as catorce aldeas que, en redondo e en plurar, fan un singular veciñal perfecto: Liúlfe, A Brea, Chouso Vello, A Mamurria, Portos, Os Valos, Ludeiro, Lamelas, A Riba, O Rosario, Abenostre, Vilaxoán, Sucastro e Lestedo, esta dá nome a toda a parroquia.
Nomes da nenación de Lestedo que interviu nos Reis de 2011:
Alberto, da Casa de Roán, dos Valos
Antón, da Casa de Ramos, de Vilaxoán.
Lucía e Celia, da Casa de Camarada, dos Valos
Pablo e Antón, da Casa do Cabo, do Rosario.
Xesús, da Casa do Outeiro, dos Valos
Noelia, da Casa de Paco, de Ludeiro
Nerea, da Casa de Pepe, de Portos
Nomes dos veciños que participaron:
José, Eva e Alberto, da Casa de Jabara, de Sucastro
María López, da Casa de Antonio de Baixo, de Sucastro
Yolanda, da Casa de Caballero, de Vilaxoán
Mari, da Casa de Ramos, de Vilaxoán
Ana, da Casa de Roán, dos Valos
Rosa, da Casa do Paco, do Ludeiro.
Xavier e Inés, da Casa do Outeiro, dos Valos
José Manuel, Lucía e Manolo, da Casa da Camarada, dos Valos
Ana, da Casa de Abenostre, en Abenostre
María, da Casa do Cabo, do Rosario
Beni, da Casa de Gandarela, de Covelo
José Manuel, da Casa da Quintela, dos Valos
Gonzalo, Marta e Antón, da Casa do Cabo, do Rosario
Cantiga de Santiago de Lestedo
Non teñamos medo, non,
nin temor a facer piña,
que Lestedo é un bordón
e rectamente camiña.
Tendo que darse razóns,
non órdes, nin propina.
Lestedo é un corazón,
peneira fariña fina.
Que Lestedo pola unión,
sendas, ao ceibe, camiña,
sen escravos de terrón
nin un señor que domina.
O que é nóso vai ser liña.
Ninguén nos dirá que non,
se Lestedo é unha piña,
se Lestedo ten razón.!
Non teñamos medo, non,
ás palabras de raliña,
asociada a Asociación,
¿quen nos vai dicir que non
sendo Lestedo unha piña?
Tendo Lestedo a razón!
Poden falar a carpacio.
Poden berrar, se lles proe.
Non todo remata en acio
nin finita no que soe.
Lestedo quere un respecto.!
Quen nos vai dicir que non.!
Que seguindo bo proceso
e tendo o noso dereito,
ninguén fará un exceso
polos regos do estreito.
Non teñamos medo, non,
se Lestedo ten razón!
Aquí estamos pola unión,
dunha parroquia cumprida.
Traballamos con paixón
no bálsamo da ferida.
Non teñamos medo, non,
se Lestedo ten razón!