Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cunqueiro

viernes, 11 de febrero de 2011
Don Álvaro vive, ninguén o pon en dúbida. No mundo real, naceu en 1911 e morreu en 1981, e a súa xeografía vital xirou arredor de Mondoñedo e Vigo. Na realidade actual, Cunqueiro segue vivo procurando para Galicia as mil primaveras máis que pronosticou, e disfruta feliz dun reinado intemporal sobre un mundo que el creou e do que todos podemos disfrutar.

O pequeño Alvaro medrou en Mondoñedo frecuentando a rebotica do seu pai, poboada de cazadores, gastrónomos, coengos, xentes de leis e de letras, e alí sen dúbida empezou a nacer aquel mundo especial que logo nos abriría a todos. Unha galaxia completa onde xurdía un mundo a cada intre, onde a capital de todo o mundo podía chamarse Vallibria, o antigo nome mindoniense, e onde un sochantre podía formar parte dunha especial Santa Compaña, e onde Merlín podía podía ter reino en terras de noso, ser dos nosos.

Cunqueiro escribía en galego para os galegos, e en castelán para o resto do mundo. Pero mesmo cando escribía en castelán, sen sabelo ou sabéndoo, falaba en galego, describía a todo o mundo un universo especial do que nós disfrutamos e podemos e debemos compartir.

Cumpre Cunqueiro agora cen anos, e hai trinta da súa morte física. Vivimos o ano de Cunqueiro, aínda que todo un ano sexa pouco para coñecer a don Álvaro, e entrar con firmes pasos nun mundo que nos pertence, creado por Cunqueiro para nós.

Cunqueiro quixo ser enterrado en Mondoñedo e que puxeran na súa tumba, agardando merecelo, unha lenda que dixese “Aquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”. Ninguén coma el mereceu este epitafio. Ninguén coma Cunqueiro fixo tan grande Galicia, ampliándoa con tantos mundos novos poboados con tan esplendorosas paisaxes e tan variopintas personaxes.

Cunqueiro non morreu. ¡Viva Cunqueiro!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES