Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fracaso escolar

jueves, 10 de febrero de 2011
Temos a sensación de que os rapaces de hoxe non teñen o nivel de coñecementos doutrora, que o ambiente escolar é máis problemático, que hai crise tamén na nosa mocidade, posiblemente derivada do ambiente que para eles creamos. E todo eso pode cuantificarse, que hogano parece que as cifras estatísticas poden reflectilo todo.

Chámaselle fracaso escolar ó abandono dos estudios regrados e obrigatorios por parte de alumnos en idade de seguir formándose. E en España temos o dubidoso mérito de ser dos últimos de Europa en canto a alumnos que rematen con ben o seu período de estudos.

A estas alturas do tempo, Portugal, Malta e España encabezan as cifras de fracaso ou abandono escolar da Unión Europea. Tendo a nosa área un nivel de abandono do 31,2%, porcentaxe que aumentou 7,2 puntos de 2000 a 2009. Cifras que poden ser aínda máis duras, xa que o ministro de Educación ven de recoñecer que o nivel de abandono de estudos está na actualidade no 34%.

A mesma crise económica que nos envolve leva a culpa deste incremento de abandono escolar, que se debería a que nos últimos anos da burbulla inmobiliaria con alzas contínuas de beneficios, soldos sustanciosos e progresión xeométrica, os rapaces deixaban os estudios que lles resultarían tediosos en comparación cos ingresos sustanciosos inmediatos que obterían dedicándose a tan rendible ocupación.

A crise da construcción, que se foi co vento, levaría tamén esta ilusión da mocidade, facendo pasar ós rapaces directamente ás filas do paro.

O Ministro proponse tomar medidas que baixen un dez por cento o abandono formativo para 2013, que para 2020 baixaría ó 15 por cento. Por boas intencións, que non quede. Pero a realidade é demasiado cruda como para botar as campás a voar. O presente é duro. Coidamos que só pode mellorar. Polo ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES