Ola de Calor
X.X. - viernes, 11 de junio de 2004
As temperaturas en Galicia son tan desusadas que nos levan ós mellores días do verán e fatalistas somos- a temer que cando chegue o tempo das calores teñamos frío e auga que non veu na primavera.
Os gobernos central e autonómico- teñen disposto un Plan de emerxencia para ser activado cando as temperaturas se disparen aínda máis, na convicción de que se non é que vivimos un cambio clímatico, o tempo en Galicia non é o que era.
As temperaturas están moi altas. Mesmo na política, xa que ben que se nota que estamos en período electoral, tomándose moi en serio por primeira vez a celebración dunhas eleccións europeas.
Mágoa que con esto do distrito único as caras que se nos presentan son moi lonxanas, e temos a sensación de que este voto é para lonxe.
Pero do calor encárganse os políticos galegos atizándose co Plan Galicia. Se destes calores deveñen realizacións prácticas, algo teremos gañado. Porque o Plan Galicia ou similar- témolo ben merecido pola paciencia infinita deste pobo que segue a sudar de calor, acalorado, agardando un soplo de aire fresco.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora