Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alemania

miércoles, 09 de febrero de 2011
Que hai unha Europa de primeira orde e outra de segunda, está moi claro. Que hai países que medran e non teñen problema en tanto outros están situados en lugares perigosos e discutidos, estámolo comprobando a cotío. E aos desta esquina de Europa véñennos tocando sempre papeis de segundóns, corifeos do poder, sufridores de tódolos vaivéns que a economía global sufra.

Foi a comezo dos anos sesenta cando Alemania, no proceso imparable de crecemento e traballo daquel país, buscou man de obra no exterior para facilitar o funcionamento da gran industria e conseguir un novo exemplo do chamado “milagro alemán".

A historia repítese neste comezo do século XXI, cando en España a cifra de parados supera amplamente os catro millóns de persoas. As perspectivas da industria alemana permítenlle disfrutar dunha fase expansiva, e agora volven buscar man de obra no exterior, man de obra cualificada de enxeñeiros e técnicos, provocando unha nova ola de emigración hacia Alemania, que se agarda palíe as nosas carencias a costa do desarraigo físico, aínda que agora as condicions sociais teñan pouco que ver coas dos lonxanos anos sesenta.

Aquela gran corrente migratoria solucionou gravísimos problemas económicos dos milleiros de traballadores que atoparon acomodo no exterior. Pero tamén solucionou un grave problema social na España famenta de progreso, non só eliminando un gran número de prados senón tamén coa conseguinte chegada de divisas que solucionaban a balanza de pagos do país.

Medio século despois, a historia repítese. Con emigración máis cualificada, mellor dotada, pero a mesma necesidade de deixar terra e xentes e buscar –temporal ou definitivamente- acomodo laboral fóra da nosa xeografía natal.

Alemania é exemplo de progreso e traballo, motor económico de Europa, pero o combustible dese motor –alomenos parcialmente- facilitarémosllo nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES