
Dende que o coñecín sooume sempre a ás de corazóns. Entraba nunha persoa e roubáballe o íntimo e a querencia. E sígueo facendo. Dende que o coñecín tamén me soou sempre a ás de copas ou rola ou as de ouros ou de picas e de bastos da brisca familiar e de taberna do pobo onde se fai a vecindade, a axuda, a bonhomía, a compaixón, a algarabía e acción de grazas de ser e estar no mundo para alguén e para todos. Casou no meu pobo de Outomuro con miña prima Telvi ás de corazóns e foi de ás de todo para as terras de Tui e o Rosal para dende alí roubar de vez, digo, a cantos homes e mulleres, coñecidos ou non tal, a gratitude a quen dá a vida polos amigos, ou non tal.
Dito isto convén calar, porque velaquí, no canto da palabra, a lingua das volvoretas da auga grande do Iguaçú brasileño, espallando o nome de Juan C. Rodríguez Santalices, galego un dos bos e xenerosos, por entre as mans emocionadas da xente da selva arcana, da favela pobre e alegre, do rañaceos alto e rico de Río, Sao Paulo , da utopía de Brasilia, do enteiro país da samba, de toda unha xeografía humana envidiable e de fortuna, que tiveron a sorte de reciberen unha carta de calor e recendos sempre ledos por mor do amor, do ocio, ou do negocio:
Espanhol, nascido en Ourense-Galicia em 8 de julo de 1948.
Cresceu na mais tradicional das rúas da antiga ciudade das Burgas, Hernán Cortés, coñecido profesionalmente como Santalices ou apenas Juan
Prestou servizos á comunidade como Inspector do Corpo Superior de Policía em Barcelona
Inspector Chefe da Delegación do Posto Fronteirizo de Tui
Ascendeu a Chefe de policía Judicial de Ourense, este homem de sorriso fácil retornou levando consigo inumeraveis amigos e deixando muitas saudades.
30 anos de servizo eficaz e abnegado, conquistando ao longo de súa carreira, cariño, respeto e admirçao
( de ) o Brasil e o pobo brasileiro que (
) lle presta esta homenagem pelo professional, pelo homem, pelo carácter, força, simpatía e amizade incondicional.
Así falou , del, do Juan, do Santalices, do as de ouros, de picas, do ladrón de corazóns, a lingua das volvoretas daquela auga grande do Iguaçú, cando tódalas pombas mensaxeiras do correio de Brasil decidiron levar no seu peteiro de corazón a corazón a súa faciana sinxela e amiga.

Isto sucedeu co gallo de cumplir Santalices, ou simplemente Juan, os 62 anos de vida e 30 de servizos profesionais, cando as autoridades do Brasil a través das de Itaupú e Iguaçú decidiron crear e lanzar un selo coa imaxe do noso personaxe a carón de ámbolos dous lugares alí amblemáticos, como homenaxe e valorización en Juan Rodriguez Santalices dos valores homónimos que teñen tantos outros homes espallados polo mundo e que el tivo a honra de representalos a todos eles. ¡Por algo o escollerían entre todos!, digo eu. Por algo escollerían nun só os catros Ases da baralla que xogamos na vida da Terra Nosa.
Daquela a partida foi del, e o xogo tamén. No nome dos que na manga somentes gardamos o as de bastos, o meu parabén. E para a súa muller e para os seus fillos. Juan, VIVAS, SEMPER VIVAS.