Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A xeración das pantallas

lunes, 07 de febrero de 2011
A xeracin das pantallas A escola da vida: A xeración das pantallas

Cando os que agora somos adultos tiñamos a idade dos nosos fillos adolescentes non posuïamos nin teléfono móbil nin conexión a Internet nin..., vaia, nin case nada. É esa xeración de adultos de agora a que fixo que todo isto fose realidade. Antes os mozos ou estudaban ou traballaban, agora ou estudan ou traballan ou poden facer outras mil cousas que lles está permitido ou non. Culpar os mozos de que sexan grandes consumidores de roupa, de abalorios, de espectáculos ou de xogos para consolas é simplemente non querer ver para onde apuntan os outros tres dedos da man en que o índice os sinala.

Se a natureza biolóxica e mental dos mozos os converte en persoas compulsivas ante determinados estímulos como os citados anteriormente non haberá que botarlles a culpa dunha intencionalidade voluntaria, senón aplicarlles a lei da súa propia condición: son novos. Por iso, querer sacar unha foto fixa de que se están perdendo porque abusan de determinados elementos que hai no mercado é non recoñecer o que a evidencia fixo en nós mesmos cando deixamos de ser novos: evolucionamos nos nosos obxectivos e centros de interese.

A experiencia é a nai da ciencia ou, como que di a sabedoría popular tan divinamente, sabe máis o diaño por vello que por diaño. É dicir, a medida que nos facemos adultos deixamos de tentar o que nos leva ao fracaso e probamos a rutina daquilo que nos fai sustentables. O mozo é un piloto de probas, o adulto un simple condutor.

Por iso, ver nos mozos cibernéticos de agora futuros adultos trastornados é sacar as cousas de lugar. Os mozos dan renda aos seus impulsos ante aquilo que os motiva, pero, como calquera, tratan sempre de gobernalos, é o principio de conservación que vai asociado á natureza humana.

Un exemplo. Cantos nenos españois como Alonso farían carreiras de karts, participarían en competicións de coches ou pilotarían algún coche de fórmula? Moitos. Pero só Alonso chegou, pola selección natural do seu medio, á alta competición. Do mesmo xeito, miles de mozos pasan por procesos de aprendizaxe e acomodación, pero a saída dos seus procesos encarréiraos sempre na dirección máis sustentable para as súas vidas.

Por iso, radicalizar as condutas dos mozos coma se fose un principio dun trastorno nin é bo nin é realista.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES