Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pambre

viernes, 04 de febrero de 2011
Por fin, o castelo de Pambre é propiedade de Galicia. A fortaleza galega representante da arquitectura do século XIV, a única que os Irmandiños non conseguiron derrubar, vai ser propiedade de todos nós para que un dos maiores bens culturais de Galicia ata agora en mans privadas vexa protexido o seu presente e o seu futuro, e nel se desenvolvan accións para o seu rescate e posta en valor.
Lonxanos os tempos en que don Manuel García Blanco abría as portas do senlleiro edificio a quen chegaba con ánsia de saber, quen o continuou como titular da propiedade pechou a cal e canto a fortaleza, impediu ós veciños o uso da capela románica sobre a que o colectivo vecinal sempre mantivo a súa reivindicación de propiedade, fixo dela un cortello, e ou deixou esmorecer ou efectuou obras discutibles, non deixando que ninguén accedese ó interior.
A morte do posuidor do castelo e o pase deste por testamento a unha Orde relixiosa de Vigo abríu o camiño para que a fortaleza se abrise ó público, e agora fose adquirida pola Xunta de Galicia en cinco millóns de euros.
Ten que ser ben grande a satisfacción da Asociación de veciños de Pambre (antigo Teleclub), presidido desde hai máis de corenta anos polo entusiasta (hoxe nonaxenario) Enrique Guitar Costa, que tanto loitaron pola “súa” fortaleza, como levan loitado pola electrificación, a consecución de estradas, un edificio social, e tantas outras accións, entre as que non é a menor a atención ós peregrinos que pasan pola parroquia, inmediata ó Camiño francés a Compostela.
Diante dunha acción coma esta, satisfacción de todos, empezando polos Misioneiros dos Enfermos Pobres de Vigo, que reciben unha importante inxección na súa feble economía xa que atenden a máis de dúascentas persoas necesitadas ó día; da Xunta, por dar solución a un conxunto monumental en perigo; das xentes de Pambre, que consiguen a arelada apertura do castelo; e do concello de Palas de Rei, encabezado polo alcalde Fernando Pensado, que reafirma o papel de Palas como fito do Camiño Francés.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES