Pequeno Parlamento
X.X. - jueves, 10 de junio de 2004
O noso Parlamento volveuse pequeno que non menor, cando os deputados cederon os seus escanos a oitenta rapaces, participantes na campaña Los valores desde Aldeas infantiles SOS, que celebraron sesión na que aprobaron por unanimidade propostas relacionadas co medio ambiente, coa igualdade entre as persoas e os pobos, e por unha sociedade mellor.
Os nenos teñen moito máis doado que os maiores poñerse de acordo sobre os temas verdadeiramente importantes. Eso vese cando calquera institución de maiores acolle a rapaces que durante unhas horas funcionan como Parlamento, Asamblea ou Concello infantil e chegan a conclusións case sempre por unanimidade- imposibles na política habitual.
Cando de escribir ou pintar se trata, os especialistas estiman que os traballos máis frescos e espontáneos son os dos nenos máis pequenos. Logo a medida que pasan os anos, a educación e a sociedade inciden, e os nenos gañan en coñecementos pero perden en espontaneidade.
¿Pasará o mesmo coa política? Parece como se os nenos, relativamente virxes de contaminación social, sexan aínda válidos para a política, e moitos maiores con fortes influencias sociais, políticas e partidistas estén invalidados para unha función na que o consenso e o sentidiño deberan ser imprescindibles.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora