Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As caixas de nunca acabar

jueves, 03 de febrero de 2011
Pensábamos que feita a fusión das dúas grandes caixas de Galicia estaba todo resolto e tiñamos conseguidos os galegos unha entidade potente e segura que navegaría no mar da economía coa seguridade dos xigantes dispostos a afrontar todas as tormentas.
Sabíamos – ou así nos tiñan convencido- que cada entidade por separado era viable, que eran necesarias para a economía do país e a prol dela estaban traballando. Logo, xuntando os dous esforzos, non só se conseguía unha unión territorial polas diferencias xeográficas da súa implantación senón un reforzamento económico definitivo para blindalas diante de calquera dificultade.
O mesmo ocorriu no resto do Estado, onde a fusión foi formando novas entidades máis fortes e seguras, co beneplácito de todas as autoridades e institucións implicadas. Pero non foi abondo.
Agora o goberno saca a relucir a necesidade de fortalecer un “ratio de capital”, que ven ser a medida de solvencia dunha entidade financieira, establecendo a relación entre o capital da entidade máis as reservas, e as débedas ás que a entidade ten que enfrontarse. En principio este “ratio” estaba no 6% e ía pasar a ser do 8%, pero agora pasará ó 10%, co que de novo se cambia o marco, e a maioría das novas caixas existentes non chegan a esa porcentaxe, entrelas Novacaixagalicia.
De pouco vale que os bancos máis importantes do Estado tampouco cheguen a ese 10%, porque a esixencia de momento só se plantea ás caixas, e para cumprir este requisito deberán saír ó mercado buscar capital, convertíndose xa que logo en entidades bancarias, como parece ser a intención do goberno. Ou obteñen ese diñeiro do Estado, co que automáticamente pasan a ser intervidas, paso previo á nacionalización.
Algunha xa se adiantou – La Caixa- no camiño da bancarización, e os grandes fondos de investimento están preparados para actuar nunha operación interesada para tomar posicións no novo mercado que se está creando á fórza, e co temor dun importante sector de opinión que aínda ve nas caixas elementos de promoción das súas áreas de acción, e de impulsión da cultura e do social a través das súas Fundacións.
¿É preciso tanto cambio, ou estase a aproveitar a situación crítica da eonomía para un golpe de man sobre as caixas?. Estas entidades foron sempre obxecto de especial interese polas institución que teñen nelas representantes, e nalgúns casos esa especial intervención foi ben contraproducente.
Coidabamos ter rematado un proceso difícil coa fusión das dúas grandes caixas galegas. Pero, polo que se ve, esto leva o aspecto de non ir rematar en moito tempo; semella que mesmamente acaba de comezar sendo o conto de nunca acabar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES