Mercados Fraudis
Cardalda, Theo - jueves, 03 de febrero de 2011
Desde o Preguntoiro: Mercados Fraudis
Asemella todo en calma, non entanto só é aparente, a desfeita en que nos meteron os mercadosque, (palabra fraudis que agocha, encobre e acachoupa a entidades como bancos, financeiros e inversores) agora están chegando a unha voracidade que xa non ten límites. Está a tensar a corda dunha maneira moi perigosa que pode rachar en calquera intre poñendo en perigo a estabilidade do planeta.
Parte desa irresponsabilidade a teñen moitos gobernos de Occidente democráticos que acóllense no seo deses mercados.
O escenario deste Titanic capitalista-salvaxe está nun estado latente, pero decadente e baleiro de contidos estratéxicos de supervivencia, xa que a súa avaricia cobizosa e tan cega que non lles fai ver o iceberg" que lles ven pola proa.
Un iceberg" de conflitos retardados a piques de estoupar en Oriente Medio e Asia. Os conflitos de Túnez, Exipto Iemen que esténdense polo Norte de África. Un iceberg de protestas como Islandia, Irlanda, Greza e outros países europeos.
O panorama non é moi optimista: reactivación da crise a escala global, axustes sociais salvaxes, catástrofes climáticas seriais, pandemias, matanzas militares de poboación, máis da metade da poboación do mundo en estado de miseria, gasto bélico de 1.464 billóns $ que, (billonario negocio para as multinacionais do armamento) marca unha escalada mundial de guerra.
Sub-guerras con motivacións de negocios dos bancos e grandes corporacións que compiten polos mercados. Frontes de conflitos polo control do petróleo, da auga e recursos estratéxicos.
Nalgúns estados europeos como España, da unha sensación de paz. É esa calma chicha que precede á treboada.
Se os gobernos e políticos teñan que acatar as decisións da ditadura dos mercados. ¿Onde está a Democracia?.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora