Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Regateo

miércoles, 02 de febrero de 2011
Do goberno agárdase que goberne e tome as decisións precisas en todo momento polo ben da comunidade. Trátese de asegurar o suministro de produtos de primeira necesidade ou das pensións dos xubilados.
E está xeralmente aceptado que pode e debe buscar para as súas decisións os consellos e os apoios que precise para levar adiante. Apoios que poden vir de grupos políticos que veñan colaborando nas tarefas de goberno, ou de calquera outro que ofreza apoio puntual se a contrapartida non é demasiado onerosa para a institución e para os intereses xerais do país.
No tema das pensións e dos pasos para conseguilas, non teñen demasiada oposición os membros do goberno, pois vendo o clima existente e as presións do exterior, parece lóxico poñer agora remedio ó que máis adiante puidera non ter solución.
Pero extraña que o goberno emprendera unha negociación cos sindicatos para lograr a súa colaboración e apoio, establecendo un regateo que se evidencia na cifra elixida para determinar os anos de cotización. Partíase de 41 anos cotizados como elemento para conseguir a pensión íntegra, mentras que os Sindicatos esixían 38. Despois de longa negociación, chegouse a 38,5 anos de cotización, pasando progresivamente de 15 a 25 anos o tempo de cómputo para establecer unha pensión.
O goberno evidenciouse satisfeito do acordo conseguido coas forzas sindicais, e os futuros pensionistas agardan o inevitable, sen saber se esta nova decisión ou reforma será a última, ou seguirá o regateo interminable coas rebaixas que se acomoden ás últimas realidades económicas do noso contorno.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES