Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aquela visita de Rajoy

X.X. - miércoles, 09 de junio de 2004
Mariano Rajoy, como Vicepresidente primeiro do Goberno de España, visitou Lugo en febreiro de 2003, para participar nun acto da campaña electoral de Manuela López Besteiro: a presentación dun Libro Branco, no salón de actos de Caixa Galicia.

Un grupo de energúmenos abalanzouse sobre o seu coche... E aqueles demócratas berraron, acosaron –a el e a tódolos que andaban perto del-, insultaron, e impediron o normal desenvolvemento da súa visita, daquel acto... e seguiron insultando a políticos do PP ó final do mesmo, por toda a rúa de Bispo Aguirre.

Por motivos profesionais eu andaba por alí. Por eso coñezo ben o tema. Agora xa sei porque eu nunca me hei de adicar á política, pois ten que ser ben duro aguantar aquelo sen rebotarse.

Dezaseis meses despois, un membro de Nunca Máis –cabe supoñer que estaba no grupo mencionado- vai ser xulgado. E organízase unha manifestación de apoio, precisamente diante dos xulgados.

O de presionar a un xuiz para lograr unha absolución paréceme moi pouco democrático. Claro que tamén me parece pouco democrático insultar, coaccionar e acosar a un político.

Posiblemente é que o meu concepto de democracia xa quedou anticuado, e agora vale todo, especialmente se quen utiliza medios violentos fai primeiro proclama de demócrata de toda a vida.

Aquela visita de Rajoy é hoxe só unha lembranza. Pero para os que a vivimos de cerca é unha lembranza ben penosa.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES