Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Divagacións verbo da cultura

miércoles, 02 de febrero de 2011
Permítanme que comece este artigo dicindo da CULTURA o que dixo S. Agostiño do tempo: “Se ninguén me pregunta, seino; pero se quero explicalo a quen mo pregunte, ignoroo” (Si nemo ex me quaerat, scio; si quaerenti explicare velim, nescio). Todos falamos da cultura, pero dela, con rigor, pouco sabemos, aínda que nos medios de comunicación ocupe un lugar central. Cando digo “pouco sabemos” non me estou a referir os obxectos e producións culturais, senón o QUE é a cultura en si mesma considerada, porque todo canto a este respecto digamos será insuficiente, a veces, excesivo, outras veces, e, no mellor dos casos, discutible. E o máis curioso é que esta discrepancia tamén é cultura: aquí a pixota trinca a súa cola. Cabe recordar unha obra de Tylor, publicada en Barcelona, en Anagrama, de 1.975, que leva por título “El concepto de cultura: textos fundamentales”, que pode servir de referente para introducirse en algo do que aquí me propoño escribir.

Neste mesmo medio, nun artigo, falo da cultura de “pacotilla” e de “consumo”, citando a Ricoeur. Pero pensei axiña cá cultura de consumo ten un fundamento nesa necesidade de falar dos “bens de consumo”, a onde nos levou o desenvolvemento industrial. Polo tanto, é xa indiscutible que nesta tipoloxía métennos os mesmos medios de comunicación, bombardeándonos cunha publicidade que, anque moitas veces roza a ridiculez -non sei se se busca-, non cabe dúbida que produce un efecto modulador decisivo sobre os nosos hábitos, introducindo necesidades artificiosas. Eu diría, cun xogo de palabras, NECESIDADES INNECESARIAS. E pregúntome ata onde isto pon en perigo a nosa sensibilidade para o realmente valioso e verdadeiramente útil..
Por outra parte, a variedade de producións gráficas é tan ampla que hoxe o concepto de cultura converteuse nun saco sen fondo. Nel teñen acollida as producións cinematográficas, os telefilms, o “comic”, as revistas do corazón, os videos, os CD-Ws, Pen-Driver, as telebatalliñas nas que enfáticamente se remexen as vidas alleas, etc... Por suposto, a cultura “democratizouse”, xa non queda reducida ás pequenas élites, salvo os coñecementos e saberes moi especializados. Chega a todos, pero a “todos” debería chegar auténtica e non sofisticada a capricho de cada quen fai uso da mesma. Ninguén dubida que non sexa bo, mais tamén hai que recoñecer que perxudica ás perspectivas educacionais no ámbito do exquisito, e estou moi lonxe de defender isto con matices elitistas, senón meramente críticos, pois hoxe todo se nos quere colar, por exemplo, e referíndome os valores estéticos, o arte, aínda que haxa moitos artistas coma o pintor ORBANEXA, do Quixote, de Úbeda, que cando lle preguntaban que estaba a pintar, respondía: “lo que saliere”. Xa Tylor definiu a cultura nos seus tempos coma aquel todo complexo que inclue ó coñecemento, ás ciencias, á arte, á moral e calquera outros hábitos ou capacidades.

Respecto a estos contidos, paréceme axeitado traerlles aquí a obra que Umberto Eco titulou “Apocalípticos e integrantes ante a cultura de masas”, tamén publicada en Barcelona, Lumen, 1.973, porque foi nela onde apareceron os terxos “apocalíptico” e “integrados”, no contexto de referencias culturais. Por visión apocalíptica da cultura pasa aquela que ridiculiza as manifestacións culturais que considera frívolas, coma o “comic”, a música populista, que a entenden coma unha especie de hipnose colectiva… Outra cosa é que as masas se vaian integrando e aceptando os canons culturais, en cuxa loita emerxen movementos e expresións deliberadamente anti-culturais, algo que ben merece unha atención particular, mais non neste espazo. Polo tanto, o apocalíptico, protesta, disente, mentras que o integrista acepta e actúa. O primeiro atende o que se lle dí nos textos SOBRE a cultura das masas; o segundo le textualmente esa cultura.

Metidos neste remuiño de opinións, non podemos esquecer a Mcluhan, que proclamou a morte da “Galaxia Gutenberg”, preconizando a desaparición da cultura tipográfica, cuxo posto acabaría ocupando a cultura da imaxen. Ninguén dubida, porque hoxe constatámolo, como a imaxen nos manipula, nin a nosa entrega a ela: xeracións enteiras, dende nenos, viven pegadas ós programas televisivos, con escasos ou ningún criterio de selección. O fenómeno é preocupante, pero, por agora, só baixo a perspectiva dos que fumos educados doutra maneira e que, por iso mesmo, tampouco temos certeza de estar no certo. Por suposto, eu teño serias dúbidas, porque podemos estar confundindo a nosa incapacidade e falta de formación axeitada para xulgar, sentir e compracerse nas novas producións culturais. O que si parece incuestionable é que debería haber liñas roxas, que, se se pasaran, o valioso ou potencialmente valioso culturalmente non poida confundirse co antivalioso; pero…quen traza esas liñas?.

Non carece tampouco o ámbito da cultura de tópicos, algúns froito, mellor ou peor sazonado, de prestixiosos intelectuais, como é o caso de Elliot cando escribiu que a cultura é o que queda cando se esquece todo. Aquí cabería tamén traer a colación as diferenzas entre instrución e cultura, pero non está nas miñas mans, ni no meu propósito, alambicar tanto o concepto de cultura que só nos quedemos coas ESENCIAS, das que hoxe ninguén quere nin falar nin que lle falen. Isto sería moi bonito exposto por expertos metafísicos, mais seguro que non íamos a adiantar moito no campo pragmático. Non está de máis, sen embargo, como dicía Aranguren, que haxa intelectuais, aínda que sexan metafísicos, que denuncien, críticamente, a falta dos axeitados controles sobre os poderes públicos, para evitar que manipulen a cultura en beneficio dos seus propios intereses: Se a cousa da votos, subvencionémola, aínda que sexa ata a desvergonza.

Tamén os intelectuais deberían manter ás masas alerta das implicacións mercantís na cultura, que adoitan promover todo aquilo que da diñeiro aínda que ó pouco tempo caian esas expresións culturais subvencionadas no cemiterio do esquecemento. Xa Humberto Eco falou da produción de obxectos de consumo cultural. E que decir da cultura de estereotipos?.

Estos son difíciles de tratar, porque están envolvimos en producións valiosas, e desfacerse deles é o mesmo que queimar unha árbore nun bosque, sen poñer en perigo este. Podemos eficazmente intervir na creación de modelos culturais?. Por decreto, como intentan algúns gobernos, non; con métodos axeitados de insinanza, poida que si. Pero…como a artellamos globalmente, pois esta perspectiva é irrenunciable?. Tal vez teñan que facerse cargo destas preguntas os políticos nun futuro non moi afastado.

Só unhas palabras para sinalar algunhas das liñas por onde poideran ir certas reflexións filosóficas sobre a cultura. Foi certamente na filosofía do espíritu onde se abordou máis esta temática. Evitando remontarse a outras épocas do pasado, me parece que podía comenzarse polo século XVIII, e logo estudiar a Hegel, a Dilthey, a Rickert, a Spengler, a Scheler e a N.Hartmann, cando menos. Entrarían no xogo categorial as relacións entre o espíritu subxectivo e o obxectivo, en concepción hegeliana. Aquí vale a pena tamén ter en conta a suxerencia de Ortega, quen considera a cultura coma un “exercicio natatorio” no que o home procura adestrarse en manterse a flote, para non naufragar na súa desfondade existencia, é dicir, a cultura élle absolutamente necesaria ó home para sobrevivir. E isto pode fundamentarse naquilo que dí Zubiri cando explica as razóns polas que o home tuvo que dar un salto cualitativo (isto habería que aclaralo) dende o estadio de animal de estímulos ata o de animal de realidades, coa aparición do que el chama “inteligencia sentiente”, impulsado tamén pola necesidade de sobrevivir, algo que xa non podía facer no ámbito da mera estimulidade. Ata onde, e en que leiras, ten a cultura este carácter de necesidade, esixe unha longa exposición documentada.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES