Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O deterioro da sanidade galega

miércoles, 02 de febrero de 2011
Pavillón de repouso: O deterioro da sanidade galega

A facción de ultradereita que goberna actualmente en Galicia amosa un desprezo radical sobre as potencialidades do sector público. Só confían na iniciativa e na xestión privada. Os seus desvelos por acadar o poder non son debidos ao afán por mellorar os servizos públicos: o seu empeño débese ao interese por acceder aos orzamentos e buscar o xeito de favorecer negocios privados á súa sombra. O botín sanitario é moi apetecible: o 30% dos orzamentos da Xunta corresponden á Consellería de Sanidade.

O goberno de progreso deulle un impulso importante á sanidade pública: mellorou os orzamentos, consolidou o emprego dos traballadores, ampliou a oferta de servizos e potenciou a modernización e informatización dos centros. O actual goberno está a desmontar todo o desmontable. Coa excusa da crise e da ficticia austeridade reduciu os orzamentos (por primeira vez na historia da autonomía), paralizou os proxectos públicos de construcción, freou a actividade extraordinaria para reducción das listas de espera e cancelou o plan de mellora da Atención Primaria. Nos próximos anos non haberá inversións para mellorar a capacidade resolutiva dos centros nin se creará ningunha praza nos servizos sanitarios; pola contra, quedan sen cubrir as prazas vacantes por xubilación dos profesionais. A consecuencia é inevitable: o deterioro asistencial.

Mentres tanto, están a potenciar espazos de negocio co diñeiro público. Non son outra cousa os proxectos de construcción dos novos hospitais e centros de saúde polo sistema de concesión a empresas privadas. Este modelo (PFI) é menos eficiente que o utilizado polo goberno anterior (SPI), reduce a calidade asistencial, xera problemas na xestión futura dos hospitais e deixa o Sergas hipotecado, xa que terá que estar pagando un aluguer á empresa constructora durante vinte anos. Pero non importa nada. O obxectivo desta facción non é garantir e mellorar os servizos públicos senón procurar beneficios privados a grupos afíns a expensas do erario público.
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES