Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vándalos

martes, 01 de febrero de 2011
O Psdg-Psoe leva sufrido nas súas carnes a violencia de persoas ou grupos descoñecidos que atentan contra as súas instalacións en diversos lugares de Galicia, xeralmente con cócteles Molotov, e últimamente –en Negreira- co lanzamento de grandes pedras. Tamén o Bng ven de sufrir un atentado na súa sede central da capital de Galicia, que ven de ser agredida con grandes adoquíns lanzados contra a vidriera da súa fachada.
Nin que dicir ten que todos os grupos políticos se teñen pronunciado en contra destes feitos, que son rexeitables por calquera institución e por calquera persoa cun mínimo de sentido común e responsabilidade.
En calquera sociedade democrática, e Galicia ten demostrado sobradamente a súa madurez e conciencia social, feitos deste tipo non teñen ningunha razón de ser, e provocan de inmediato a simpatía cos damnificados, sexa cal fose a intencións dos agresores.
É ben dubidoso que ós vándalos que efectúan estas accións estean movidos por intereses de tipo político, e só cabe atribuirlles o puro desexo de facer mal, causar dano e ser noticia pola natural repercusión dos seus atentados. E só cabe agardar que as forzas de orde público, que teñen demostrado tantas veces a súa efectividade, consigan descubrir os culpables e desmantelar – no caso de que exista unha organización que promova estes atentados- o entramado que os fai posible.
Os vándalos non teñen cabida nesta Galicia que estamos facendo entre todos. E o peso da Lei debe caer sobre os culpables destas accións execrables.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania