Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Administración... única?

viernes, 28 de enero de 2011
Sen entrar na polémica na duplicidade de administracións, cuestión moi de actualidade por certo, quero sinalar as dificultades e a complexidade que sofren as persoas que mudan de domicilio dun concello a outro con certa facilidade, algo nada difícil na sociedade na que vivimos, globalizada e con liberdade no tránsito de persoas.
Ata dez xestións, ou máis, hai que facer diante das administracións para actualizar a documentación cando un vai dun lugar a outro, perder moito tempo e gastar moitos cuartos, cando o lóxico sería facer un único trámite, diante da administración que corresponda e que esta comunique ás restantes a variación de xeito informático, pensando que estamos xa no ano 2011. Risa é o que me produce aquilo da “ventanilla única”.
Primeiro o DNI, un trámite nada sinxelo, pedir cita, levar fotografías, documento acreditativo do cambio de domicilio, que moitas veces hai que solicitar con antelación ao concello pertinente... e trasladarse á comisaría corresponde para que figure o novo domicilio no documento de identidade.
Esta xestión na Policía Nacional, non evita o paso polo novo Concello no que vivamos para solicitar o cambio no padrón de habitantes, que casualmente está relacionado co Censo Electoral de xeito que automaticamente xa pasamos a votar no novo lugar de residencia, excepción que confirma a regra xeral restante. Curioso.
Si deberemos advertir na oficina de recadación o cambio, malia que sexa municipal non está conectada ao Concello en moitos casos e se obviamos este trámite os pagamentos da recollida de lixo poden demorarse e despois acumularse, por exemplo. O mesmo acontece co IBI, imposto de posibles inmobles ben sexa por conta da Deputación Provincial de turno, da entidade privatizada ou municipal, se non facemos constar o cambio non chegarán ao novo domicilio e, polo tanto, quedarán se pagar e incluso aparecerán despois de moito tempo con recargo.
Non podemos esquecer o carné de conducir, temos que ir a Tráfico, que tampouco ten oficinas en tódolos pobos e vilas de Galicia, e levar de novo o certificado de empadroamento para que, con independencia de que apareza o novo domicilio no carné físico, si cheguen as multas no caso de que nos poñan unha á nosa nova morada. Iso si, podemos aproveitar e facer unha segunda xestión e no caso de ter vehículo cambiar tamén os datos do automóbil para que lle envíen a documentación ao concello correspondente e paguemos o imposto de circulación do coche xa no novo concello, evitando atrasos e posibles demoras se queda a carta de pagamento no anterior domicilio.
A seguinte xestión pode ser a sanitaria. Mudar o médico e actualizar os datos na tarxeta sanitaria. Tamén hai que levar un documento acreditativo, sexa o certificado municipal ou un recibo de subministro. Despois solicitar o traslado do expediente... ou mellor non poñerse enfermo.
Tampouco está demais, pasar polas dependencias do INEM para modificar os datos do domicilio, esteamos ou non no paro, sempre podemos recibir unha carta ou ter que facer unha xestión e ter que viaxar ao lugar anterior de residencia para solucionalo cun importante trastorno.
Debemos visitar tamén Facenda, onde a comunicación do cambio de domicilio fiscal, ten un pequeno custe e a obriga de cubrir un novo documento e rexistralo.
Se solicitamos unha vida laboral diante da Seguridade Social, irá ao domicilio que teñen na base de datos, é interesante tamén mudar os datos, neste caso, sen custe pero con perda igualmente de tempo.

Á marxe destas lerias administrativas públicas, están as privadas, ir aos bancos e comunicar o cambio de domicilio, por exemplo, supón en moitos casos o traspaso das contas, xa que somos clientes dunha determinada oficina non dun banco, aínda que pareza mentira e, polo tanto, se vivimos en Vigo e temos a conta en Santiago, os trámites con certa complexidade teriamos que facelos por teléfono ou incluso trasladarnos á antiga cidade de residencia.
Viva a globalización e a eficacia administrativa, pública e privada!
Conclusión: se non é imprescindible, non muden de domicilio na súa vida se son cidadáns de ben e queren facer as cousas de xeito ordenado.
Mínguez, Alejandro
Mínguez, Alejandro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES