Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Control das administracións

viernes, 28 de enero de 2011
Neste maremagnun económico que nos embarga, sucédense as noticias contrapostas ou complementarias procedentes de todas as institucións, destacando naturalmente as do goberno da Nación que, motu proprio ou por decisión ou consello de institucións supranacionais, cada día se pronuncia sobre un aspecto da nosa economía, con repercusión directa na vida diaria.

Para o goberno central, as decisións correctas están tomadas e só se agarda a evolución da situación actual, acomodada ás normativas internacionais, en cumprimento dos obxectivos comúns de contención do gasto e corrección do déficit.

Argumenta o goberno central que agora son as autonomías e os milleiros de concellos os que teñen que tomar as disposicións oportunas no mesmo sentido, evitando que se solapen competencias, que se disparen os gastos correntes e continúe o desbordamento experimentado por estas institucións nos últimos anos.

Non é imaxinable que nestes momentos, ou a resultas da crise, se dea marcha atrás no movemento autonómico, e o mesmo goberno central só fala de pequenos “retoques” para harmonizar o comportamento das diversas autonomías. Pero ninguén fala do que verdaderamente importa como é que mentras as autonomías foron aumentando as súas competencias, o seu persoal e a súa actividade, o goberno central non fóra reducindo na mesma medida as súas competencias e a súa actividade económica. Por outra parte, os concellos convertíronse en organismos hipertrofiados con numerosas competencias que desempeñar, e con moito persoal con dificultades para correr cos seus gastos.

E mentras o Presidente do Goberno fala de cerrar o grifo ás comunidades autónomas se non recortan os seus gastos, saelle respondón o Presidente de Galicia afirmando que a nosa situación comunitaria é moito mellor que a da nación en paro, en déficit e en débeda.

Non está esencialmente o problema no goberno da nación, nos das autonomías nin dos concellos, senón no conxunto. O problema está nunha hipertrofia administrativa, nunha administración con milleiros de competencias, invasiva, que pretende abarcar todos os aspectos da actividade social, cun tratamento de favor ós seus máis altos servidores, ignorante da realidade social que a rodea.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania