Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turismo e vida

martes, 25 de enero de 2011
A pasada semana, Fitur foi o protagonista en todo o estado español, e as máis destacadas autoridades pasaron por esta feira madrileña para deixar constancia de que o turismo é xa vital para a nosa economía, a nosa sociedade, e ten que seguir sendo o motor que nos leve cara o futuro.

Polo que a Galicia se refire, Fitur é o gran escaparate no que a nosa autonomía quixo demostrar que hai vida despois do Xacobeo, que unha vez pasada esta gran oportunidade de asomarnos ó mundo, Galicia segue a existir e a reclamar a atención e a presencia de xentes de toda procedencia que buscan aquí algo diferente.

En Fitur estivo presente Galicia, e como sempre acontece Galicia chamou a atención de todos pola súa fermosura, pola súa natureza, monumentalidade, gastronomía e personalidade.

Deixada de man polo momento a carta do Xacobeo, que vai tardar uns anos en volver a estar de actualidade, Galicia xoga agora a do 800 aniversario da Catedral de Santiago, a da Cidade da Cultura, os monumentos Patrimonio da Humanidade, e todo Galicia en resume como fin dos Camiños, e comunidade entre dous mares, País da Auga e de monumentalidade, punto de destino de todo o que aspire a un turismo diferente, non de sol e praias –que tamén- alomenos de xeito exclusivo, si a un turismo cultural, monumental, gastronómico, de balnearios e de paisaxes.

En Fitur hai que estar porque o mellor escaparate de cara ó mundo no que mostrar o que Galicia posúe. Alí estivemos, no que é o pistoletazo de saída para conquistar turistas neste tempo difícil no que o Xacobeo parece pasado e sen embargo seguirá a ser un recurso de primeira orde, e se non se conseguen as cifras do pasado ano si vai ser unha ocasión permanente de participar nos primeiros postos dunha competición na que todos podemos ser gañadores.

Se o turismo supón para Galicia o 10,5% do noso produto interior, merece toda a nosa atención, preocupación e traballo para que sigamos a ser punto de destino ou de paso de cada vez máis turistas; para que Galicia teña no turismo un elemento esencial para o seu presente e para o seu progreso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES