Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Gaiás

viernes, 21 de enero de 2011
Mentras os ladridos arrecian, as moles do Gaias cabalgan hacia a vida.
Certamente o complexo do Gaias, a chamada a ser a Cidade da Cultura de Galicia, foi ideada e acometida a súa construcción en tempos nos que a economía era boiante e ninguén pensaba que podíamos chegar á situación actual.
Como ocorre con moitas obras oficiais ou privadas – aínda que nesta os erros parecen ter sido superlativos- os cálculos iniciais teñen que ser revisados, modificados os proxectos, e o resultado e o custo total pouco ten que ver co que inicialmente se presupostaba.
Temos unha Cidade da Cultura planteada e iniciada en tempos de bonanza económica, que se pretendeu fose un referente da cultura da comunidade, da comunidade en si, que significase para Galicia o que o Guggenheim significa para o País Vasco, a Cidade da Cultura para Valencia e, se esaxeramos, o que a Opera significa para Sydney por facer comparación que xa resultou criticada.
As críticas en relación coa Cidade refírense tanto ó custo inicial ou resultante como ó plantexamento que ten sido calificado de “faraónico”, que non parece simil moi afortunado se se ten en conta a rendibilidade que as obras “faraónicas” teñen dado ó país do Nilo.
Cando a crise chegou a Galicia, o proxecto era imparable. Só había a posibilidade de fuxir cara adiante, porque perder o construido sería moito peor. E habería que escoitar ós críticos da situación actual en tal caso de abandono dunha propiedade pública en fase avanzada de construcción.
Todas as grandes obras teñen os seus detractores. E non se aprecian as súas vantaxes ata tempo despois, cando os críticos van esquecendo os seus argumentos, e sendo conquistados polos avances resultantes.
A actual Administración autonómica non ten máis remedio que afrontar o problema do Gaiás como o está facendo, e sacar adiante a obra e a iniciativa, procurando obter rendibilidades culturais e sociais, e polo tanto tamén económicas, para conseguir que o monte Gaiás sexa unha referencia imprescindible na xeografía humana de Galicia.
Levará tempo. Pero o monte Gaiás ten que ter futuro. Terá futuro. E con el, todos nós; Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES