Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pepe Chao

Blanco Torrado, Alfonso - viernes, 21 de enero de 2011
Nesta pendiente de xaneiro, o ano agasállanos cunha boa nova: este venres, o 21, o Concello de Ferrol, cada volta máis preto de Vilalba, ergue un monolito en memoria deste profeta do s. XX, que revolucionou o xeito de sentirse parroquia e comarca, alí onde foi párroco noutrora, no Parque de Santa Mariña do Vilar (1959-1978). Este menhir é o que mellor reflicte, os cimentos rexos do seu labor, un penedo que na Terra Chá simboliza a perennidade dunha vida e dunha obra. Aínda que foi na Chouzana do seu berce, nese eido que funde o rural co urbano, onde xermolou o “Eu renazo galego”. Un mundo de iniciativas para a inculturación da fe e do pobo, dende a galeguidade. O escritor remarcou este cambio biográfico: “eu viña do mar de Ferrol ó río vilalbés”. Coa súa ampla formación en antropoloxía, historia, xeografía de Galicia, vertebrouna, dende a súa paisaxe emocional, aproveitando a enerxía simbólica, o caudal mitolóxico, do Pai Miño, dende o Pedregal de Irimia ata a Garda mareira. En 33 anos foi descubrindonos, romaxe tras romaxe, os embigos que foron creando a identidade de cada comarca. Eses eixes existenciais que dan sentido a cada rexión galega. Nunha romaxe aseverou: “O Miño nunca para…”, o que tamén explica a súa personalidade irrepetible, que fixo cambiar a historia da igrexa en Galicia, porque Chao non só cuestiona a prepotencia dos poderes, accionou outro mundo posíbel dende as entrañas do pobo. Captou a grandeza da auga que festexou en tantos ríos, fontes e acantilados, pero é dos poucos que coñecemos que testemuñase coa súa vida que foi bautizado co lume e co Espírito de Xesús de Nazaré, por iso, o seu profetismo, na ribeira do Miño, removeu ata as fibras máis intimas, o sentido da igrexa, empurrado polo Espírito, revelando a cotío o “Hoxe de Deus”. E con esa sabedoría do pobo, sinteuse un guieiro, un facho aceso, na fronteira, erguendo pontes cos que vivían noutra cultura, crenza, sexualidade… Endexamais quixo ser o centro, é o animador de minorías proféticas capaces de transformar o mundo. As irimianzas foron unha sementeira de esperanza, en todos os recantos do país, espallando a mesma sensación: “os tempos novos xa chegaron”, a pesares das xeadas deste ciclo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES