Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mercar Piso

lunes, 07 de junio de 2004
Eu non entendo a manía dos políticos que administran o tema da vivenda de abogar porque os novos usuarios de vivendas aluguen en lugar de mercalas.

Os da miña quinta –os que fixeron o servicio, foi aló polo sesenta e sete- tiñamos como paradigma do benestar mercar piso e coche, e neso nos quedamos.

E proba de que eso foi case un dogma de fe é que o 81,8% dos españois temos unha vivenda en propiedade, porcentaxe so superado por Grecia en Europa cun 83,6%. Mentras que en Alemania os alugueres superan á propiedade que só acada un modesto 40,5%.

Sen embargo os bancos, que seguro que saben o que fan, cando pides un creto o primeiro que preguntan é polas túas propiedades. ¿Cómo se entende?

Parece como se as administracións non quixesen quebradeiros de cabeza e preferiran dialogar con grandes propietarios de vivendas en aluguer que con pequenos adquirentes cheos de problemas ós que hai que dar algunha solución.

Aínda imos tardar en mudar de criterio. Somos pequenos propietarios minifundistas os galegos. Antes eran unhas leiras. Déixennos agora, polo menos, mercar un piso.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES