'Queimada Party'
Cardalda, Theo - jueves, 20 de enero de 2011
Desde o Preguntoiro: Queimada Party
Moitos medios comentan que, a masacre en Arizona foi preparada e executada por un mozo en solitario, aínda que moitos apuntan como caldo de cultivo ao incendiario linguaxe de algunhas tendencias políticas, como o movemento ultraconservador Tea Party. Estes están a crear un clima en EEUU que, nesa sociedade armada ata os dentes, chea de iluminados, dun puritanismo relixioso que emana desa América profunda, onde crense os elixidos envelenando o ambiente dun explosivo moi perigoso.
Por iso que para chegar a violencia política, moito antes tiveron que facer o traballo eses promotores do odio nos medios afíns. Desgraciadamente nesta parte do mundo concretamente en España existen mas media con faladoiros e modernos Goebbels que están a crear ese ambiente de crispación e odio que pode ser moito máis perigoso que os iluminados da outra banda do Atlántico. Aquí escoitando a Tershat, Losantos Antonio Burgos, Moa e outros, metéseche o medo no corpo cando penso que pode xurdir unha Queimada Party moito máis enxebre e patriota que o Tea (pronúnciese Ti e moito máis chachi), xa que teñen tódalas condicións ao seu favor pola cleptarquía que estamos a padecer politicamente nestes intres neste país. Porque vivimos nunha sociedade da información non do coñecemento. Unha información manipuladora, terxiversadora que intenta dirixir a política desde os medios. Se esa información xenarase coñecemento, o cidadán tería a facilidade de diferenciar os feitos das mentiras. Non entanto, acontece todo o contrario, o descoñecemento é o mellor caldo de cultivo para esa información manipulada.
Ante este panorama alarmante que temos, fainos falla uns mas-media que estea ao servizo do lector, oínte ou televidente que desexa informarse e cuestionarse con certa obxectividade, non ao servizo do endemoñado que necesita a bosta e o esterco para alimentar o seu odio contra o rival político, creando unha sociedade envelenada.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora