Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Continxencias

jueves, 20 de enero de 2011
Podemos avanzar económica e socialmente, chegar a ser unha sociedade informatizada, con información puntual procedente de todos os puntos do globo, con pronósticos do tempo con horas de antelación e referidos a puntos concretos, pero seguimos a estar a expensas do mínimo cambio de vento como se unha rebuliceira bolboreta estivese a batir as ás en calquera punto que nos afecte de xeito directo e violento.
Unha forte racha de vento, unha nevada, un tremor ou unha choiva torrencial poden alterar de súpeto a nosa vida, orixinando gravísimos danos e provocando unha sensación de aillamento e de estar inermes diante das forzas desatadas da natureza.
O último, polo de agora son as fortes choivas que – nalgúns lugares máis ca noutros- provocaron danos importantes por todo Galicia, especialmente en zonas inmediatas ás correntes fluviais, cos conseguintes danos en propiedades públicas e privadas.
Cando os danos se producen, os afectados e as autoridades locales correspondentes piden a declaración de zona catastrófica e solicitan as correspondentes axudas, mentras non falta quen indique que os seguros están para algo e son responsabilidade dos afectados, e o resultado é unha situación problemática que ninguén poderá solucionar na súa totalidade.
Visto que esto se produce cunha relativa regularidade, cunha ampla variedade, e que máis vale prever que lamentar, Galicia debería contar cun plan xeral de prevención que forzase á construcción de diques onde fixese falla, impedise edificar onde non se debe, impulsase a eliminación de obstáculos ás naturais correntes fluviais, e especulase sobre os posibles problemas que poden planterarse.
Porque vista a situación, só se nos ocorren tres solucións que poden e deben ser complementarias: encomendarse á divina providencia, crear un fondo para continxencias futuras, e prever todo tipo de problemas nos que podemos – imos – vernos inmersos no futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania