Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As verdadeiras damas de des-honra

miércoles, 19 de enero de 2011
Maduriñas, case nenas, gatiñas que se proclaman manexables e buscan discreción, travestis de escándalo, masaxistas eróticas, estudantes, divorciadas, mulleres casadas na busca de aventuras, Filipe que promete unha suculenta inexperiencia, Laura que recibe soa e sen présas ou Tere que precisa compañía agradable… Está claro que a demanda non falta e, por desgraza, a oferta tampouco. Pero o verdadeiramente incocibíbel é que estas proclamas sexan apoiadas pola dobre moral dos medios de comunicación galegos que difunden, sen tan sequera ruborizarse, 800 anuncios de prostitución ó mes – tal e como vén de demostrar o derradeiro informe do Colexio de Xornalistas de Galicia - entre as páxinas de contactos – con foto e reclamos en negriña, por suposto - namentres condenan a trata de persoas nas seccións centrais. Ó tempo, os articulistas alzan a voz contra a prostitución, indignados, e os medios contabilizan as vítimas de violencia de xénero, e condenan a concepción do corpo da muller coma obxecto sexual, e informan da Operación Carioca e aplauden a labor de Santa Pilar de Lara e olé. Pero que non se enganen: non nos coa. Pois xa estará Alexandra coa súa 120 de peito, nesas páxinas que os pais pasan a toda présa diante dos cativos por puro pudor, para darnos a oportuna labazada e facernos regresar ó mundo real para decatarnos, por se foramos o bastante inxenuos coma para esquecelo durante un momento, que á hora de pasar o cepillo calquera man se antolla de proveito sempre que pouse unha moeda das grandes.
Non esquezamos tamén a dobre moral de médicos, policías, empresarios, funcionarios de estranxeiría e un longo etcétera de profesionais corruptos que alimentan un negocio suculento para os homes e denigrante para as mulleres. E qué dicir dos políticos que, coma sempre, son o perexil de todas as salsas: dunha banda tachan o exercicio de ilegal e doutra fan a vista gorda ó pasar diante dun prostíbulo cando non fan uso dos servizos que condenan. De Berlusconi e os favores de Ruby Rubacuori – que contaba só dezasete anos cando acudía ás orxías do presidente – mellor xa nin falamos. Pois o que sobran, precisamente, son exemplos coma estes que fan cambalear a moral dun país de pandeireta. E, no medio do temporal e con todo o peixe vendido, as que continúan sen ter voz, con oficio pero sen beneficio, son as propias prostitutas. Ó final resulta que, parafraseando a Sabina, elas son as máis señoras de todas as putas, e o Estado, xunto cos medios de comunicación exercendo de dama de des-honra, as máis putas de todas as señoras.
Pallares Vilar, Nerea
Pallares Vilar, Nerea


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES