Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Por alusións', boa desculpa para escribir

miércoles, 19 de enero de 2011
No EDITORIAL de Galicia Dixital do día 13 de Xaneiro deste 2011 faise alusión a Xosé Manuel Carballo e, como se dá a circuntancia de que o Xosé Manuel Carballo ao que se alude son eu, acóllome ao dereito a respoder “por alusións”, se teñen a ben publicar a miña resposta, que ben sei que si. Sospeito que o autor dese EDITORIAL é o bo amigo e amigo de vello Xulio Xiz. Levado polo afecto que nos une atribúeme, entendo que en exclusiva, a peza de teatro “Vaise pechar outra casa máis”. Agradézollo pero a verdade é que a autoría dese peza é primeiramente de Xulio Pita Muinelo. Eu fíxenlle algúns retoques e aportei algún complemento, pero é máis del ca miña. Xiz ben o sabía pero as presas, ou os anos, que pasar pasan para todos, aínda que el se conserva moi ben, borráronlle temporalmente un arquito do seu disco duro, pero como había copia de seguridade, xa está reposto.

Á marxe dese pequeno lapsus, vaise razonando no devandito EDITORIAL sobre os miles de casas que están pechadas en Galicia. Algunhas porque xa non queda quen as abra e outras porque aínda non houbo quen as abrise.

No que se refire ao mundo rural o problema é máis grave ca cando se escribíu a peza de teatro que se cita, hai algo máis de trinta anos.

Este cura que son eu, para quen non o soubese, dicíalle a un algo anticlerical alto cargo do anterior goberno da Xunta, vencellado co campo, (e diríalle o mesmo aos actuais gobernantes da Xunta e do Estado, sexan ou non anticlericais), “O noso mundo rural cada días tén máis necesidade dos curas”. Contestou el: “Non é certo que agora hai moito quen faga o labor social que viñades facendo algúns de vós”. Seguín eu: “Agarda que aínda non che dixen para que facemos falla. Verás: cada día somos máis necesarios para axudar a “bien morir” aos que vós non sabedes ou non queredes axudarlles a “bien vivir”. Non tivo respota e non me extraña… Pero, cando menos para xustificar o que cobraba, ben podería dicir: “Quen manda éche Bruxelas e premen máis Francia e Alemania”. Fixo ben aforrar palabras, que, total, a resposta xa a sabíamos.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES