Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A golpe de comunicado

martes, 18 de enero de 2011
As novas do movemento terrorista do país vasco prodúcense na actualidade, afortunadamente, a golpe de comunicado, que para algúns resultan frustrantes por non ser definitivos, pero resultan bastante máis estabilizadoras que calquera outra actividade que estes movementos poden desenvolver.
Hai un tira e afloxa entre tres partes ben definidas, nas que se atopan dunha banda os terroristas, doutra o goberno do Estado, e nun lugar indeterminado entre os dous as forzas políticas do país vasco que pola súa proximidade ou proclividade ós mundos escuros do extremismo agardan por un aval democrático que sólo han obter cando condenen de xeito expreso o terrorismo e manifesten o seu definitivo alonxamento del.
Dunha banda, os terroristas queren parecer sen chegar definitivamente a ser. Doutra, o goberno que se sabe vencedor, e segue apretando todos os botóns ó seu alcance da loita antiterrorista, non da o brazo a torcer. E, sempre no medio, esas forzas que queren participar nos comicios municipais sen que polo de agora se dean as circunstancias propicias.
Falta un comunicado definitivo. Falta, por outra parte, declaración clara de separación total dos violentos. E en tanto, seguimos a agardar. Sabendo que o terrorismo, afortunadamente, segue baixando no nivel de preocupación dos hispanos, amplamente superado pola crise e por unha parte non moi numerosa pero si significativa dos que se dedican á política.
Agardando por un comunicado, a atención cada vez está menos nos violentos e na violencia, e si no presente e no porvir, na economía e na política. Mellor así.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES