Quen olla a quen
Luaces, Xaime - martes, 18 de enero de 2011
Terán as estrelas o espirito tan curioso coma nos pensamos -en cuio caso eu diria insolente- ou é causa da nosa vanidade a pretensión de pensar que sobre a inmensidade do Cosmos, elas pasan o tempo a poñer os seus ollos sobor do minúsculo recanto dil, onde nós moramos, para coidar de cada quen de nós; pode seren que a nosa exigua et mísera existencia sexa un bon caldo de cultivo onde se desevolve tanto alegre e fortemente a vanidade, quen por defecto, non aprende ou non quere aprender das leccións das nubes; quenes cada vez que abren as súas páxinas, nós viramo-la testa ... que tempo mais ruin! ... non nos deixan ollar ó infinito e poñémonos á espera para ver de novo o telón da nada, quen sempre nos devolve a nosa ollada a nós mesmos. Pode ser o xerme da vanidade ... de todalas maneiras peor o teñen os diurnos quenes só poden ver unha estrela.
Barón de Herbón Xan da Tolda
Luaces, Xaime
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora