Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nomes impropios

martes, 18 de enero de 2011
A escola da vida: Nomes impropios

Un dos maiores recoñecementos que se lle pode facer a unha persoa é outorgarlle o título de fillo adoptivo ou predilecto dunha vila ou cidade, pero o maior de todos é dedicarlle unha institución, unha rúa ou unha praza. Isto é así desde sempre.

Pero moitas veces cométese o grave erro de non ser pertinente a institución coa labor do mentado ou mentada. E para mostra un botón. Denominar a un ambulatorio Rosalía de Castro non parece que sexa o máis axeitado. Méritos ten, por suposto, a nosa excelsa poetisa para que se lle dedique unha praza ou un centro de investigación literario, por exemplo. Non obstante, non faltan en Galicia, xa sexa nas nosas vilas ou cidades, grandes galenos encomiados polos seus veciños para que este tipo de dispensarios leven os seus nomes. Como, a bo seguro, a vostedes se lles ocorrerán moitos outros casos, non seguirei dando exemplos neste sentido.

Outra situación que define a denominación das institucións é facelo polo lugar no que se sitúan. Así, atopámonos co CEIP de Arzúa, de Abanqueiro, etc. Que son deses lugares sábeno todos os que viven alí, que non llos vai a levar fisicamente ninguén, tamén, pero o lóxico sería que moitos dos mestres desas localidades puidesen denominalos non só polo recoñecemento que eles tiveron do seu maxisterio, senón tamén para que as posteriores xeracións visen nos seus nomes e a súas obras modelos a imitar.

Neste sentido lévannos moito camiño andado outros países, como pode ser Francia. Os franceses saben de sempre o que supón a súa eloxiada grandeur (grandeza). Esa palabra, para eles, describe non só o sobresaíente senón tamén o máis cotiá.

Por iso queren deixar constancia de todos aqueles homes e mulleres que representaron algo no seu tempo. Deixar constancia das súas personalidades é un valor social moi importante, pois non só os dignifica a eles senón que tamén é un exemplo para as xeracións vindeiras. Cada persoa vive o seu momento, no entanto a sociedade é diacrónica, e, polo tanto, obrigada a sumar tódolos momentos de cada un dos seus cidadáns para engadirlle poso a súa cultura gardando os referentes do seu maxisterio.

Por todo iso, conmino ás autoridades a que se acorden de enaltecer aos bos e respetables profesionales cando pensen en darlle un nome a una institución, praza ou rúa, xa queo que respeta o seu pasado, valora o seu presente.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania