Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia, en positivo

lunes, 17 de enero de 2011
Trátase só dunha campaña publicitaria, pero da gusto verse nela e recoñecerse nela como habitantes dun país que tanto posúe e tanto ten que dicir.
Un actor de sona presta a súa imaxe para presentar Galicia ós galegos, como un lugar que “medra sen deixar de respectarse a si mesmo, onde os servizos, infraestruturas e comunicacións levan iguais oportunidades a todos os recunchos do campo e da cidade. Un dos lugares máis fermosos que poidas imaxinar”.
En conxunto a campaña pon en valor Galicia diante dos nosos ollos para facernos ver o que moitas veces non vemos ou non queremos aceptar aínda que sexa evidente. Para mentalizarnos do que os visitantes perciben polos seus cinco sentidos, notando diferencias e caracteres específicos que fan de Galicia ese lugar diferente e especial, tamén lonxano, nun fisterra fendendo o mar Atlántico.
Precisamos mensaxes así, campañas así, para darmonos conta do que posuímos. Que é verdade que nos faltan moitas cousas, que seguimos a estar en moitos últimos lugares das estatísticas, que estamos lonxe dos grandes centros de poder, pero é moito o que posuimos e o que podemos ofrecer ós que nos visitan.
Certo que en tempos difíciles, con todo o que está caendo, ás veces non é doado pararse a pensar nas cousas boas, que se dan por entendidas, sabidas e asumidas. Pero precisamente por eso, é conveniente recordarnos de cando en cando quen somos, onde estamos, e o moito que a natureza nos ofrece, e nós podemos disfrutar e compartir.
Galicia, en positivo. Primordial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES